Memoria
As refeições no Tavares dos Vencidos da Vida [por Xoán Costa]

As refeições no Tavares dos Vencidos da Vida [por Xoán Costa]

Por toda a parte há restaurantes que formam parte da história de uma ou outra cidade. Um destes fica em Lisboa, é dos mais antigos do mundo e tem as paredes e o teto forrados em ouro 24 quilates. Os lustres de cristais, os espelhos venezianos, as estátuas, as cadeiras...

As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno

As relacións do Reino de Galiza con Carlomagno

A endiañada xeoestratexia interna do espazo peninsular ao longo dos séculos VIII e IX obrigou os monarcas galegos a intensificar a súa acción diplomática diante de Carlomagno. O rei dos francos, a principal potencia rexional europea do momento, na cúspide do seu poder, após ser nomeado no ano 800 emperador do Sacro Imperio Romano, non só partillaba coa coroa galega intereses territoriais na área ibérica e o combate á doutrina adopcionista, senón que xogaba un papel de árbitro no contexto europeo.

Luís Trigo 'O Gardarríos', o sangue dos mellores fillos do pobo

Luís Trigo 'O Gardarríos', o sangue dos mellores fillos do pobo

É o home  mito da resistencia armada na Terra Chá, A Corda e A Mariña. Significa o proceso de conformación dos primeiros núcleos guerrilleiros a partir daqueles demócratas obrigados a pasarse á clandestinidade fuxindo da represión e en moitos casos dunha morte certa.

A Festa da patroa de Tabeirón [por Xoán Costa]

A Festa da patroa de Tabeirón [por Xoán Costa]

No mes de agosto de 1903 é premiado, nos Xogos Florais do Círculo Católico de Obreiros de Pontevedra,  o longo poema de Henrique Labarta Pose titulado "A festa da patrona de Tabeirón", poema que para os profesores Ricardo Carvalho Calero e Francisco Fernández del Riego é a súa mellor obra. 

Pedro Madruga: a loita por una Galiza arredada de Castela
PERFIL

Pedro Madruga: a loita por una Galiza arredada de Castela

 A investigadora e divulgadora cultural Cilia Torna recupera para Sermos Galiza a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga, e o seu papel en defensa do achegamento de Galiza con Portugal e contra o asoballamento de Castela. Eis un extracto da información publicada no número 298 de Sermos Galiza.

Un ladrón poeta [por Xoán Costa]

Un ladrón poeta [por Xoán Costa]

O sete de novembro de 1898 Andrés Vázquez Peña, de cuarenta e oito anos, xastre de profesión, solteiro e natural de Nantín, lugar da parroquia de Cascallá, no concello lugués de Becerreá (aínda que hai quen di que era natural de Fontes, no mesmo concello) é chamado a...

Presentación de 'Os nomes do terror' en Teo
Sexta feira 1 de xuño

Presentación de 'Os nomes do terror' en Teo

O primeiro libro que recolle os nomes e os apelidos dos verdugos de 1936 preséntase esta sexta feira, 1 de xuño, na Mediateca do Grilo, en Cacheiras (Teo), ás 20.00 horas. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron atinxiu en menos de dous meses a súa segunda edición.
 

E se vimos da pataca? [por Xoán Costa]

E se vimos da pataca? [por Xoán Costa]

A pataca, orixinaria dos Andes Chilenos e Peruanos, recobra actualidade. E non por festas gastronómicas ou por manifestacións derivadas dos baixos prezos pagados aos produtores. Tampouco por algúns, caso de La Trinca, a considerar a orixe da especie humana para afirmar que...

A fuga do penal de Iruña: unha evasión que rematou co asasinato de 58 antifascistas galegos
Achegamos a relación completa das vítimas

A fuga do penal de Iruña: unha evasión que rematou co asasinato de 58 antifascistas galegos

O 22 de maio de 1938, perto de 1.000 persoas que se atopaban recluídos no forte de San Kristobal en Iruña, dan comezo ao que o xornal estadunidense The New York Times cualificou como a maior fuga carceraria de Europa. O intento de evasión rematou cunha das maiores matanzas do réxime franquista, nun centro de exterminio no que morreron 96 galegos -58 deles na fuga falida- cuxos nomes recuperamos con motivo do oitenta aniversario dos feitos.

21M, 40 aniversario das eleccións ás cámaras agrarias
O nacionalismo versus as forzas que pactaron a transición

21M, 40 aniversario das eleccións ás cámaras agrarias

O 21 de maio de 1978, máis de 400.000 labregas e labregos eran convocados a elixir os seus representantes nas eleccións a cámaras agrarias, cuns resultados que evidenciaron a importante introdución da alternativa nacionalista no medio rural e o acordo entre as forzas que apoiarán a constitución de 1978 por trasladar o pacto ao ámbito sindical.

O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer
Galiza no mapa

O Reino de Galiza no mapa de Lambert de Saint Omer

Máis unha entrega de “Galiza no mapa”. A cartografía de Lambert de Saint Omer, en que Galiza ocupa un lugar destacado, estabelece a diferenciación clásica para o espazo ibérico, reservando “Galicia” para a área cristiá e utilizando “Hispania” para a zona musulmá, sinalando ao tempo “Lusitania” e “Tarracona”. Eis un extracto da peza, publicada no Sermos Galiza 296.

A batalla de Luou
No 70 aniversario da morte en combate de Tino, Rufino, Barbarroxa e Carles

A batalla de Luou

O 18 de maio de 1948 son asasinados no lugar de Loureiro na parroquia de Luou en Teo os guerrilleiros antifranquistas Manuel Agrasar “Barbarroxa”, Florentino Menéndez “Tino”, Vicente López “Rufino” e Ricardo Fernández Carles. A súa morte, no marco dun enfrontamento armado de horas coa garda civil, representa un golpe decisivo para a loita guerrilleira nos comarcas do norte de Pontevedra e do sur d´A Coruña.

Xurxo Souto amosa a memoria da Torre de Hércules
Roteiro guiado o Día das Letras

Xurxo Souto amosa a memoria da Torre de Hércules

O músico e escritor Xurxo Souto é o cronista da Coruña secreta. Dunha cidade cuxa memoria foi negada durante anos. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, volverá demostralo cun roteiro guiado arredor da Torre de Hércules.
 

Moncho Valcarce: Un militante, un profeta, un cura e un místico

Moncho Valcarce: Un militante, un profeta, un cura e un místico

O doutor en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela Victorino Pérez Prieto recupera para Sermos Galiza o perfil de Moncho Valcarce (1935-1993) no ano en que se conmemora o 25 aniversario do falecemento do coñecido como “crego das Encrobas”. Nas próximas semanas seguirán a sucederse actos de lembranza da figura de Valcarce. Eis un extracto do texto publicado no número 295 de Sermos Galiza.

Debate sobre as escolas de emigrantes en Valga
Este sábado ás seis da tarde

Debate sobre as escolas de emigrantes en Valga

A memoria histórica vai alén da II República, a Guerra do 36 e a instauración do fascismo. A asociación Memoria Histórica de Valga así o entende e este sábado, 12 de maio, dedica unha mesa redonda ás chamadas escolas de emigrantes baixo o título Escolas de liberdade.
 

Homenaxe da Mariña ao guerrilleiro O Gardarríos
O 23 de xuño, 70 cabodano do seu asasinato

Homenaxe da Mariña ao guerrilleiro O Gardarríos

O vindeiro 23 de xuño, Mondoñedo e Lourenzá renderán homenaxe a Luís Trigo Chao, O Gardarríos, sindicalista da UXT e guerrilleiro antifranquista asasinado o 25 de xuño de 1948 en Vlanova de Lourenzá.

Os escravos de Franco na Galiza

Os escravos de Franco na Galiza

A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais e mais os chamados destinos. 

Carballo homenaxea a loita en defensa de Baldaio
41 aniversario dos sucesos

Carballo homenaxea a loita en defensa de Baldaio

O 8 de maio de 1977, domingo de feira, unha manifestación percorreu Carballo. A veciñanza esixía a devolución da marisma de Baldaio. Unha empresa levaba máis de 30 anos extraendo ilegalmente area baixo a aparencia dunha concesión marisqueira. Naquela protesta o carismático Moncho Valcarce figurou en primeira liña. O Concello de Carballo e a Irmandade que leva o nome do crego das Encrobas lembran hoxe os feitos.  
 

7M, 70 aniversario do asasinato do nacionalista Francisco García Moldes

7M, 70 aniversario do asasinato do nacionalista Francisco García Moldes

O sete de maio de 1948 era asasinado nun café d´O Grove Francisco García Moldes, significado militante do Partido Galeguista desta localidade, na altura comprometido coa loita clandestina contra o réxime franquista. Aproveitamos logo a onomástica da súa morte para arrancar do esquecemento a figura destoutro mártir da loita nacionalista asasinado con tan só trinta e sete anos.

Caramelos mata lombrigas [por Xoán Costa]

Caramelos mata lombrigas [por Xoán Costa]

José Ruiz Guirado, no libro Intrahistoria de Marín, conta como o farmacéutico Pedro Catalá tivo un dependente ao que tomou cariño e que lle gustaría que fixese a carreira de farmacia. Matriculouno no instituto mais o rapaz, preguiceiro como era, non daba unha. E don...

O martirio dos irmáns Insua

O martirio dos irmáns Insua

Xosé Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao, coñecidos popularmente como “Os Insua”, curmáns de Daniel Castelao e destacados dirixentes nacionalistas da Barbanza, serán asasinados o 23 de abril de 1937 canda outros nove antifascistas que tentaban fuxir de Galiza desde o porto de Vigo no Bou Eva.

A derradeira lección do brigadista
O rastro dun libro único

A derradeira lección do brigadista

Nove estampas de Castelao figuran no pequeno libro homenaxe que se publicou en California en 1939 na memoria do correspondente e membro das brigadas internacionais James Phillips Lardner, caído no Ebro en 1938. Sinaturas como a de Ernest Hemingway ou Ring Lander Jr figuran neste obra, da que se editaron só 500 exemplares. Deles, só un, e temporalmente, está en Galiza.

Un lago sobre lignito [por Xoán Costa]

Un lago sobre lignito [por Xoán Costa]

Onde hoxe hai un lago, non hai moito había unha explotación de lignito a ceo aberto. Mais como era antes de 1946 a paisaxe das Pontes? Cóntanolo Guillermo Shulz, enxeñeiro de minas alemán, afincado durante varias décadas en Ribadeo e que entre marzo e...

No 172 aniversario dos Mártires de Carral: breve noticia do provincialismo galego

No 172 aniversario dos Mártires de Carral: breve noticia do provincialismo galego

A primeira manifestación do galeguismo político, o chamado provincialismo, nace nos anos 1840-1846, no seo do partido progresista, isto é, na esquerda liberal do momento e só uns anos máis tarde que o seu homónimo catalán. Debe o seu nome á defensa da recuperación da unidade institucional preexistente, o Reino ou provincia de Galicia, destruida e fragmentada en 1833 nas catro provincias actuais pola reforma de Javier de Burgos.

Un bosque contra o esquecemento

Un bosque contra o esquecemento

Máis dun centenar de persoas asistiu na mediodía do pasado sábado ao acto inaugural do Bosque da Memoria, sementado polo colectivo “A Regaduxa, memoria histórica de Vilaboa” ás portas do cuartel de Figueirido en memoria de todos os presos alí retidos tras a súa conversión en cárcere franquista en 1938, así como das súas familias e da xente da contorna de Pontevedra que lles prestou apoio.

1846: A revolución que continua

1846: A revolución que continua

A revolución de Abril de 1846 é o fito fundacional da loita de liberación nacional de Galiza no seu capítulo contemporáneo. Non é casual que do axitado século  XIX galego, rico en alzamentos, motíns e revoltas, só esta perdurase no tempo e chegase até hoxe con tanta...

O libro sobre o espolio de Meirás, en Tui
Quinta feira ás 20.00 horas

O libro sobre o espolio de Meirás, en Tui

Como a familia Franco espoliou a veciñanza das Mariñas e adquiriu, pola porta de atrás, a propiedade de Meirás é o que relata o libro Meirás. Un pazo / Un caudillo / Un espolio, de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. Esta quinta feira, 19 de abril, preséntase en Tui.
 

Revoltas na época da Restauración
O monográfico de Sermos, en Lugo e no Carballiño

Revoltas na época da Restauración

As revoltas campesiñas durante o réxime da primeira Restauración ocupan os ensaios reunidos en Rebeldía galega contra a inxustiza, o primeiro monográfico da serie De nós publicada por Sermos Galiza. Esta semana presentarase en Lugo -cuarta feira, ás 19.00 na libraría Trama- e no Carballiño -quinta feira, ás 20.30, no Casino.
 

Presentación do monográfico sobre revoltas labregas en Pontevedra
Mesa redonda esta cuarta feira

Presentación do monográfico sobre revoltas labregas en Pontevedra

Rebeldía galega contra a inxustiza recolle un monllo de ensaios sobre as revoltas campesiñas que axitaron a Restauración en Galiza. Editado por Sermos Galiza, esta cuarta feira preséntase en Pontevedra, ondre transcorre un dos episodios analizados: As mortes no Campo da Porta, escrito polo historiador Xosé Álvarez Castro.
 

Porcos na cidade [por Xoán Costa]

Porcos na cidade [por Xoán Costa]

Na fotografía de Ruth Matilda Anderson que encabeza este texto, tomada o 16 de outubro de 1924 diante do desaparecido colexio San Clemente, hoxe Instituto Rosalía de Castro de Compostela, podemos ver como varias roladas de porcos toman o camiño do campo de...

Historia da Oseira rebelde
Presentación esta cuarta feira en Ourense

Historia da Oseira rebelde

Un dos máis terríbeis e significativos episodios da Restauración en Galiza saldouse con sete persoas asasinadas polas forzas de seguridade do Estado. Foi o 22 de abril de 1909, ás portas do mosteiro de Oseira, no Concello de Cea. É un dos capítulos do monográfico A rebeldía galega contra a inxustiza, editado por Sermos Galiza, e que esta cuarta feira se presenta no café cultural Auriense, de Ourense ás oito do serán.
 

Unha etapa de esplendor: Fernando II e Afonso VIII
A Galiza ignorada

Unha etapa de esplendor: Fernando II e Afonso VIII

Máis unha entrega da sección A Galiza ignorada, que nesta ocasión, da man do historiador Francisco Rodríguez Sánchez, que dá conta do reinado de Fernando II e Afonso VIII. Eis un extracto da información publicada no Sermos Galiza 289.

Roi Cagiao prepara un filme sobre Ferrol 1972

Roi Cagiao prepara un filme sobre Ferrol 1972

Con Vigo 1972 (2017), o cineasta Roi Cagiao obtivo un inusual éxito de público para un filme semidocumental en galego. Permaneceu sete semanas consecutivas en carteleira. Agora anuncia que prepara a produción dunha peza, tamén longametraxe, sobre as folgas obreiras de Ferrol aquel mesmo ano, cando o réxime franquista asasinou Amador Rey e Daniel Niebla.