Traballo
Feche do persoal nos PAC en Vigo e Ferrol

Feche do persoal nos PAC en Vigo e Ferrol

Persoal dos PAC de Vigo, Ferrol e Compostela retomaronesta terza as mobilizacións coincidindo co inicio de novas xornadas d greea, que se desenvolverán até o vindeiro 17 de decembro para reclamar máis persoal e a mellora das condicións laborais e da atención ao...

O persoal de Alcoa mantén o pulso contra o feche da factoría

O persoal de Alcoa mantén o pulso contra o feche da factoría

Os traballadores e as traballadoras de Alcoa trasladaron as mobilizacións até a Delegación do Goberno na Coruña para exixir do goberno español medidas de urxencia para paralizar o ERE de extinción, garantir a continuidade dos empregos e a actividade produtiva. Un acto no...

Greve en Alcoa

Greve en Alcoa

O 30 deste mes, na planta da Coruña e con ofrecemento para ser secundada en San Cibrao e Avilés.

A violencia machista no traballo
As denuncias aumentan máis dun 17%

A violencia machista no traballo

O machismo ten moitas facianas. A realidade indica que a violencia sobre as mulleres atinxe todos os eidos da vida, incluído o laboral, un ámbito sobre o que apenas hai estatísticas, mais no que as denuncias aumentaron máis dun 17% no último ano. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza.

O persoal de Alcoa segue "en pé de guerra"
NOVA MOBILIZACIÓN

O persoal de Alcoa segue "en pé de guerra"

 

Lonxe de se abateren, as traballadoras e traballadores de Alcoa continúan coas mobilizacións e no mediodía do sábado tinguiron de laranxa –a cor das súas camisolas reivindicativas– a praza de María Pita, na Coruña. Esixen a retirada do ERE que suporía o despedimento do persoal tras o anuncio do feche da planta coruñesa.

Manifestación na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos e a readmisión dos despedidos

Manifestación na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos e a readmisión dos despedidos

UXT convocou para o 23 de novembro unha manifestación en Cervo en solidariedade coa súa delegada en Sargadelos, Rogelia Mariña, e para demandar a readmisión dos traballadores e das traballadoras despedidas nesa factoría. O sindicato denuncia a situación na que está...

Greve na televisión e radio pública galega

Greve na televisión e radio pública galega

A decisión foi adoptada por “ampla maioría” na asemblea de traballadores e traballadoras, que apoiou a proposta do Comité intercentros. O paro será gradual e comezará este mes de novembro. Durante os días 20, 22, 24, 26, 28 e 30 deste mes, e tamén o 2 de decembro, a greve materializarase en paros de 2 horas por quenda, afectando a todas as quendas. Xa en decembro, a protesta ampliarase á greve de 24 horas, que será convocada a cuarta feira 19 de decembro.

Centos de persoas demandan na 'marcha obreira' unha solución para Alcoa

Centos de persoas demandan na 'marcha obreira' unha solución para Alcoa

Máis de mil persoas, por volta de 900 segundo a Policía Local, manifestáronse na Coruña contra o fechamento da planta de Alcoa e para demandar unha "solución" para a factoría. Na 'marcha obreira', así chamada polos convocantes, tomaron parte representantes de diferentes...

“Con esta greve as traballadoras venceron a baza do medo e a chantaxe”
Suso García

“Con esta greve as traballadoras venceron a baza do medo e a chantaxe”

O sector de elaborados do mar7.000 empregos en Galiza – protagoniza un paro en demanda dun convenio digno no que é a primeira greve deste sector, onde as mulleres ocupan 80% dos postos de traballo. “O seguimento case absoluto sorprendeunos positivamente”, recoñece Suso García, secretario comarcal da FGAMT-CIG en Vigo. O comité de greve aprazou as dúas xornadas programadas para 24 e 25 de outubro ante a disposición da patronal a negociar, mais retomaríaas os días 30 e 31 se non hai avances.

“Isto é a guerra, Alcoa non fecha”
Multitudinario protesto

“Isto é a guerra, Alcoa non fecha”

[ACTUALIZADA ÁS 14.40] Varios milleiros de persoas colapsaron o centro da cidade da Coruña na mañá do sábado para esixiren a retirada do ERE extintivo presentado por Alcoa e que supón o feche da factoría coruñesa e da perda de máis de 400 postos de traballo directos.

A cara B das mans que vendiman
Precariedade

A cara B das mans que vendiman

A vendima na Galiza é un traballo cunha temporalidade moi alta. Estudantes e persoas paradas de longa duración son das máis habituais ao pé de viña. Co aumento do rendemento nas explotacións máis grandes, medrou a demanda de man de obra. Novos actores de contratación e captación de traballadoras e traballadores, como as Empresas de Traballo Temporal, estanse a introducir neste sector nos últimos anos. Eis un extracto dunha reportaxe que publicamos ao respecto no Sermos Galiza 317.

“Isto vai ser duro"

“Isto vai ser duro"

A nova do fechamento caeu como unha bomba. “Agardabamos algunha mala noticia mais non esta”, confesa Nazario Arias, delegado de CCOO. Juan Moscowitch, da CIG, afirma que “non podemos partillar os argumentos que dan para fechar Alcoa Coruña”. Os traballadores e traballadoras da factoría coruñesa dixiren a noticia mentres preparan un novo ciclo de mobilizacións. “Estamos afeitos”, din, “e sabemos loitar”.

“A mensaxe que se dá é que o naval se recuperou e iso non é verdade”
César Rodríguez, responsábel do sector naval na CIG de Vigo

“A mensaxe que se dá é que o naval se recuperou e iso non é verdade”

O naval galego está mellor que hai catro anos, cando a crise puxera na picota este sector estratéxico para a Ría de Vigo e o conxunto do país, mais non se pode dicir que o naval se recuperase. Afírmao César Rodríguez, responsábel deste sector na CIG de Vigo, que lamenta a “campaña de desinformación” da patronal para dar unha imaxe de ‘bonanza’ que non é tal e tras a cal podería haber outros intereses.

De Zara a Gadis ou a AP-9: unha rebelión contra o autocobro

De Zara a Gadis ou a AP-9: unha rebelión contra o autocobro

“Por favor, pague nas caixas de sempre, non nas de autocobro”. A apelación das traballadoras de Lefties e Zara á clientela é unha chamada de alerta sobre un proceso que se estende por Galiza, de supermercados a autoestradas, de comercios a gasolineiras; e con consecuencias no emprego e condicións laborais. 

Greve nos PACs

Greve nos PACs

O persoal estatutario das categorías de Medicina de Familia e de Enfermaría que presta os seus servizos nos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas, nas sete áreas sanitarias galegas, irá á greve desde as 15:00 horas dos días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro e 2, 6 e 9...

As horas roubadas

As horas roubadas

Son horas roubadas. Ao traballador ou traballadora que as ten que facer e non se lle remuneran, á caixa común da Seguridade Social, ás persoas no paro ás que se lles furta emprego cubríndoo a base desas horas extra que non se pagan, á familia e amizades da persoa asalariada que ten que ‘meter’ estas horas roubando tempo ao descanso ou desfrute. Na Galiza fanse máis de 26.000 horas extra cada día.

A patronal decide a terza feira se incorpora os acordos salariais das auxiliares de Navantia ao convenio

A patronal decide a terza feira se incorpora os acordos salariais das auxiliares de Navantia ao convenio

A patronal provincial do metal comunicará a vindeira terza feira, 2 de outubro, se acepta a proposta lanzada pola presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez, para incorporar ao convenio sectorial provincial os acordos salariais que se están a negociar entre as empresas auxiliares de Navantia e os sindicatos.

 

Vai para un ano da folga que durante máis de tres semanas paralizou, de facto, a actividade nos estaleiros da ría de Ferrol. A greve fora convocada en solitario pola CIG respondendo ao clamor do persoal da industria auxiliar, expresado nas asembleas celebradas nos centros de traballo, que esixía solucións a unha problemática que parecía consolidarse despois varios anos de incumprimentos por parte das empresas das táboas salariais asinadas no ano 2001.

 

A decisión de suspender a folga supuxo trasladar o conflito a unha mesa constituída ex profeso para a negociación duns novos acordos salariais, e que, non sen problemas e demoras, vén retrasando unha solución definitiva, que as empresas condicionan a que o acordo final poda ser incluído no convenio provincial, garantindo así a súa obrigatoriedade para todas as empresas que oferten aos contratos de Navantia.

 

A incorporación dos acordos salariais das auxiliares de Navantia ao convenio provincial é unha vella reivindicación da Federación de Industria da CIG, actualmente a central sindical máis representativa no sector do metal da provincia da Coruña. Para o sindicato nacionalista, é preciso darlle protección legal a uns salarios que, por causa da desmedida eventualidade (máis do 70% do persoal ten contratos de obra), e mesmo da “fugacidade” das empresas auxiliares, que veñen sufrindo a política de baleirado periódico das gradas da empresa principal, nunca chegan a consolidar as súas retribucións.

 

Foi na xuntanza do pasado 18 de setembro cando a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais presentou finalmente a súa proposta de resolución do conflito ás partes negociadoras do convenio provincial do metal, medida que pasaría pola incorporación dunha nova disposición adicional ao texto do convenio para dar entrada aos acordos que se pechen na Mesa do Naval de Ferrol. A representación da patronal provincial recolleu a proposta e asegurou que precisaba estudala antes de dar unha resposta.

 

A CIG xa manifestou que a iniciativa do Consello Galego de Relacións Laborais é “óptima” en canto se resolvan certos aspectos formais, e resalta que deixa en evidencia a “sen razón da negativa da patronal que tantas veces temos denunciado”, segundo explica Mon Fernández Alfonzo, responsábel de negociación colectiva da CIG-Industria en Ferrolterra. Ademais, engade, á proposta do organismo “súmase a posición dos empresarios das auxiliares de Navantia, que son os principais afectados, así como de destacados representantes da patronal galega do metal (ASIME), deixando á patronal provincial sen argumentos para manter as súas reticencias”.

 

O conflito chegou esta mesma semana ao Parlamento Galego a través dunha serie de iniciativas do BNG. Nelas repásase a historia dos acordos salariais asinados no 2001, que tiveron a virtualidade de homoxeneizar a variada casuística de pluses e complementos (por riba do estipulado no convenio provincial do metal), que o persoal das auxiliares sempre percibiu, fixando unhas táboas salariais que durante moitos anos se aplicaron pacificamente, até a entrega do último megabuque á Royal Australian Navy, cando a inmensa maioría das operarias e operarios da industria auxiliar perderon o emprego, circunstancia que algunhas das empresas aproveitaron para deixalos de aplicar.

 

A través destas iniciativas parlamentarias o BNG insta á Xunta a prestar especial atención ás condicións de traballo do persoal da industria auxiliar de Navantia e a realizar todas aquelas actuacións que podan favorecer a inclusión dos mencionados acordos salariais no Convenio provincial.

 

Para Fernández Alfonzo, esta mellora no convenio provincial sería “dunha influencia radical para a economía da comarca de Ferrol”, pois, lembra, “a industria auxiliar de Navantia pode chegar a empregar perto de 3.000 persoas”. O responsábel de negociación colectiva da CIG explica que “o único xeito de que ese persoal expulsado ao desemprego periodicamente non teña que estar negociando de xeito individual o seu salario, é que as melloras salariais propias do sector estean incorporadas ao convenio provincial”. Nese sentido, Alfonzo lembra que existen outras disposicións do convenio destinas a regular sectores ou actividades específicas, polo que a inclusión dunha nova non sentaría precedente ningún. “É obriga dos negociadores do convenio dar solución ás necesidades específicas”.

 

Alfonzo subliña que o rexeitamento da patronal provincial a incorporar estes acordos no convenio do sector “podería provocar unha volta ás mobilizacións nun momento especialmente sensíbel desde o punto vista da entrega en prazo das obras en curso (a botadura dun buque para Australia está prevista para finais de novembro), dando lugar así a unha situación absurda polo gratuíto do conflito, xa que non hai que esquecer que os actores afectados están de acordo en que esa incorporación remataría coa negociación individual dos salarios e ademais evitaría a competencia desleal entre empresas a conta precisamente deses salarios”.