Traballo
Taxis galegos, en greve até a cuarta feira

Taxis galegos, en greve até a cuarta feira

O colectivo apoia os paros promovidos en primeira instancia polos taxistas de Barcelona. Representantes do sector reúnense en Madrid co Ministerio de Fomento para abordar o problema da expedición de licenzas aos vehículos con conductor

No último trimestre o paro cae menos en Galiza do que en España
En termos inter-anuais a evolución é mellor

No último trimestre o paro cae menos en Galiza do que en España

A caída do número de persoas en desemprego —dados EPA, os únicos tidos en conta nas estatísticas europeas— alcanzou neste segundo trimestre de 2018, a respecto do primeiro, 6,17 por cento do total. A percentaxe foi maior no conxunto do estado, 8,06 por cento. A taxa de actividade galega —o índice de persoas incorporadas ao mercado laboral sobre o total disponíbel— continúa a ser inferior á española: 53,6 por cento fronte a 58,8 por cento. Empregamos menos persoas e, portanto, a economía galega cría menos valor.

A CIG xa é a primeira forza sindical en Galiza

A CIG xa é a primeira forza sindical en Galiza

O sindicato nacionalista acada os 4.480 delegados e delegadas - 28,3% do total-; superando UXT e CCOO. É a primeira vez que o nacionalismo se sitúa como primeira forza en representantes, un salto cualitativo.

Convocan greve indefinida na recollida de lixo de Vigo

Convocan greve indefinida na recollida de lixo de Vigo

O comité de FCC, concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria do Concello de Vigo, convocará greve indefinida a partir do 13 de xullo para rexeitar a intención da empresa de facer recortes dereitos sociais e denunciar o inmobilismo da dirección á hora de...

Desbotadas as derrogacións das reformas laborais

Desbotadas as derrogacións das reformas laborais

A derrogación da reforma laboral, que foi un dos principais compromisos de Pedro Sánchez nos últimos meses, fica desbotada e o Executivo xa traballa en correccións parciais. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 301.

A peor herdanza  da crise
Paro de longa duración

A peor herdanza da crise

A metade das persoas rexistradas como desempregadas na Galiza levan máis dun ano nesta situación. Son as paradas e parados de longa duración, un colectivo que no noso país anda nas 90.000 persoas, máis que toda a poboación que habita en cidades como Ferrol ou Pontevedra.  Ao tempo, a Xunta recorta en programas e fondos para formar persoas no desemprego.

"A greve é a nosa moción de censura"
A CIG rexistra o preaviso de paro xeral para o 19 de xuño

"A greve é a nosa moción de censura"

A CIG rexistrou esta sexta feira na Consellaría de Economía, Emprego e Industria o preaviso de greve xeral para o 19 de xuño. O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, asegurou que a greve “é a nosa moción de censura” diante da situación de “emerxencia nacional e social” que estamos a vivir do punto de vista laboral, social, económico e político-institucional. Vídeo no interior.

Tarifa plana para persoas traballadoras autónomas, 80 por cento de fracasos

Tarifa plana para persoas traballadoras autónomas, 80 por cento de fracasos

Ás veces, o que semella unha boa medida non é tal ou, no mellor dos casos, non o é tanto. Iso é o que acontece coa tarifa plana de 50 euros para novas persoas autónomas: segundo os dados das organizacións, 80% fracasan menos de tres anos despois da posta en marcha dos seus negocios. A realidade das cifras é ben teimuda: en 2008 había na Galiza 250.000 autónomos; hoxe son 212.500.

Axentes ambientais e forestais  reclaman condicións de traballo dignas

Axentes ambientais e forestais reclaman condicións de traballo dignas

Axentes ambientais e forestais de toda Galiza manifestáronse en Compostela para reclamar un acordo que regule as súas condicións laborais fronte ás pretensións de Función Pública de incrementarlles aínda máis a xornada que xa realizan. A marcha partiu dende a Consellaría de...

A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos para a greve na xustiza

A Xunta deixa sen efecto os servizos mínimos para a greve na xustiza

O Diario Oficial de Galiza (DOG) vén de publicar unha orde pola que deixa sen efecto os servizos mínimos fixados en febreiro para a convocatoria de greve indefinida dos traballadores e traballadoras da administración de xustiza, convocada no seu día polas sete organizacións...

UXT deixa o comité de greve da Xustiza

UXT deixa o comité de greve da Xustiza

UXT ratificou esta cuarta feira que deixa o comité de greve da Xustiza. A greve está suspendida mais non desconvocado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi quen informou este paso de UXt aos xornalistas  antes dun acto na EGAP.

 

No...

O conflito da xustiza non desaparece, transfórmase

O conflito da xustiza non desaparece, transfórmase

Após tres meses de paro a greve na administración de xustiza interrómpese mais sen desconvocarse. Un novo escenaio de loita, insisten desde sindicatos como CUT e SATJ, que apoian esta suspensión. Desde a CIG, porén, posiciónanse contra esa interrupción e propoñen un laudo arbitral. En todo caso, coinciden, a última palabra non está dita.

O paro rexistrado baixa en 2.812 persoas

O paro rexistrado baixa en 2.812 persoas

O paro rexistrado baixou en Galiza en 2.812 persoas, undescenso de 1,5%, de novo por baixo da media española, que foi de 2,53%, un punto superior. Na comparativa interanual (abril de 2018 fronte abril 2017), o descenso no desemprego rexistrado baixou en 22.338 persoas. Isto...

CUT, STEG e CGT, “unindo loitas”
Primeiro de maio

CUT, STEG e CGT, “unindo loitas”

Vigo acolleu unha manifestación unitaria de seis sindicatos que marcharon xuntos baixo o lema “Primeiro de maio: unindo loitas cara á folga xeral. Pan, traballo, teito e dignidade”. CUT, STEG, CGT ou Prosagap estaban entre as organización convocantes, que apoiaron...

Miles de persoas mobilízanse coa CIG nun Primeiro de Maio que pon data á greve xeral: 19 de xuño

Miles de persoas mobilízanse coa CIG nun Primeiro de Maio que pon data á greve xeral: 19 de xuño

A central nacionalista convocou 13 manifestacións en cidades e vilas do país, marchas nas que tomaron partemiles de persoas baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas”. Un Primeiro de maio que ten un horizonte: a greve xeral do 19 de xuño.

“Ferreiras  dun mundo mellor”
Galiza no Día Internacional da Clase Obreira

“Ferreiras dun mundo mellor”

Precariedade e temporalidade laboral, baixos salarios, emigración, recortes en liberdades e dereitos sociais e laborais, alargamento da desigualdade, cronificación do desemprego de longa duración... O Primeiro de Maio, tan vixente como sempre. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 293.