Imprimir

“Non hai escapatoria” na Coruña cos autores Tim Bowley e Óscar Villán

Sermosgaliza | 27 de xuño de 2012

“Non hai escapatoria” o novo libro do narrador Tim Bowley e o ilustrador Óscar Villán preséntase este venres día 29 de xuño ás 18.00 horas na libraría Libros para Soñar da Coruña.

Tim Bowley e Óscar Villán son autores á par do libro de relatos “Non hai escapatoria” que este venres se presentará en Libros para Soñar. O volume contén dez relatos no que se recollen amores, feitizos, perigos ou aventuras que traspasan a realidade. Lecturas audaces para traspasar as fronteiras da realidade. Editado por Kalandraka, é a segunda vez que asinan conxuntamente iun libro, despois de seren coautores tamén en O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos. O narrador británico afincado na Coruña publicou ademais no mesmo selo Amelia quere un can e Xaime e as landras.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/okapi-no-courel/-non-hai-escapatoria-na-coruna-cos-autores-tim-bowley-e-oscar-villan/20120627171649002802.html


© 2019 Sermos Galiza