Imprimir

Os 108 galegos mortos en Mauthausen

Daniel Salgado | 09 de agosto de 2019

Unha imaxe actual do campo de Mauthausen. Foto: Wikipedia.
Unha imaxe actual do campo de Mauthausen. Foto: Wikipedia.
Cento oito nomes. Eis o rastro dos galegos mortos no campo de concentración de nazi de Mauthausen-Gusen, en Austria. O Ministerio de Xustiza publicou o rexistro no Boletín Oficial do Estado desta sexta feira, 9 de agosto. Os galegos figuran entre o total de 4.427 vítimas nadas no Estado español.

Bundesarchiv_Bild_192-334,_KZ_Mauthausen,_Garagenhofeinfahrt

Un equipo de investigación dirixido polo profesor da Universidade Complutense de Madrid Gutmaro Gómez Bravo realizou o reconto a partir dos “libros correspondentes que se custodian na sede do Rexistro Civil Central”, en Madrid, e contrastounos con aoutras bases de datos. Agora abriu un prazo dun mes para que “os posíbeis interesados poidan realizar as alegacións que estimen oportunas” a través da páxina web do ministerio (www.mjusticia.gob.es).

O complexo concentracionario de Mauthausen-Gusen atópase a 20 quilómetros da cidade de Linz. Foi un dos maiores campos de traballo escravo da Europa e funcionou entre 1938 e 1945. Cando foi liberado polo 3º Exército dos Estados Unidos o 5 de maio, nel había aproximadamente 85.000 persoas. Os historiadores calculan que, nos sete anos de actividade, morreron entre 78.000 e 100.000 prisioneiros.

A seguir, ordenados alfabeticamente, os nomes dos 108 galegos identificados polo Goberno español entre os falecidos. Tras o apelido e o nome vai o lugar de nacemento. No caso de topónimos con dificultade de localización sinálase tamén a provincia. Por último, figura a zona do campo en que finaron, maiormente Gusen e Mauthausen. O Ministerio de Xustiza tamén recolle a data concreta: pódese consultar no BOE do 9 de agosto.

Os 108 galegos de Mauthausen

Albedro Villaverde, José (A Coruña); Gusen
Albite Miranda, Silvestre (Oliveira, A Coruña); Mauthausen
Alonso Losada, Andrés (Peites, Lugo); Gusen
Álvarez Bernardo, Abilio (Olellas, Ourense); Mauthausen
Araújo González, Antonio (Ourense); Gusen
Arias González, Octavio (Vilar de Donís, Lugo); Gusen
Arias López, Jesús (Sarria); Gusen
Balín Pérez, Liberio (As Nogais); Mauthausen
Batalla Caule, Fernando (A Coruña); Gusen
Becerra Trinanez, José (Carantoña, A Coruña); Gusen
Billar Febrero, Antonio (Santomé, Ourense); Gusen
Caamaño-Fernández, Franciso (Pobra do Caramiñal); Gusen
Callón Peón, José (Ribeira); Mauthausen
Cameán San Isidro, Juan (Pobra do Caramiñal); Gusen
Camesella Fernández, Agustín (Vigo); Gusen
Caneda Macía, José (Vilar de Donas, Palas de Rei); Gusen
Castrillo Sodelo, Adriano (A Coruña); Gusen
Castro Morales, Domingo (Cabral, Vigo); Mauthausen
Conde Ramos, Ramón (Macedo, Ourense); Gusen
Coto Martínez, Manuel (Marcón, Pontevedra); Gusen
De la Cruz Jarcía, Clemente Juan (A Coruña); Hartheim
Díaz Ortas, victoriano (Mosteiro, Pol); Gusen
Díaz Ribas, Ramón (Vilaxoán Eraudio, Pontevedra); Gusen
Diéguez Blanco, Antonio (Freixido, Ourense);  Gusen
Fariña Choupino, Antonio (Malpica); Gusen
Fernández Fernández, Manuel (Folgueiroa, Lugo); Gusen
Fernández García, Manuel (Mugardos); Gusen
Fernández Gutiérrez, Manuel (Vigo); Gusen
Fernández Lorenzo, Tiberio (Corzos, Ourense); Gusen
Fernández Parada, Manuel (Ribeira); Gusen
Fernández Pérez, José (Estremar, Lugo); Gusen
Fernández Rodríguez, Jesús (Cotaros, Ourense); Gusen
Fernández Santín, José (San Miguel, Lugo); Gusen
Ferradas Pastoriza, José (Buen, Pontevedra); Gusen
Ferreiro Álvarez, Martín (Pontevedra); Gusen
Fidalgo Antelo, Daniel (Castrarón, A Coruña); Gusen
Fidalgo Pérez, José (Castiñeira, A Coruña); Gusen
Folla Arias, Benedicto (Freixido, Ourense); Gusen
Formoso Fernández, Eligio (Río Bodas, Ourense); Gusen
Galán Rodríguez, Isaías (Fornelos, Ourense); Neu Stassfurt
García de la Cruz, Juan Clemente (A Coruña); Gusen
García Flores, Cristóbal (Vicas, A Coruña); Mauthausen
García Lagares, Arturo (A Coruña); Gusen
García Rodríguez, José (Bartar, Ourense); Gusen
Goméz Cortes, Ángel (Pasaxe Camposantos, Pontevedra); Gusen
Gómez Iglesias, Francisco (Ferrol); Gusen
Gómez López, Ramón (Buisán, Lugo); Gusen
Gómez Torres, Antonio (Pontevedra); Gusen
Gonzales del Valle, Juan (A Coruña); Gusen
González Prada, Isauro (Castro Caldelas); Gusen
González Regueiro, José (San Pantaleón das Viñas, A Coruña); Gusen
González Vázquez, José (Quintela, Pontevedra); Gusen
Lamela Marcate, Ramón (A Coruña); Gusen
Lamelas, Manuel (Viveiro); Mauthausen
López Criado, Leopoldo (A Coruña); Gusen
López Digón, Jesús (Freixo, Lugo); Gusen
López López, Ricardo (Beleigán, Lugo); Mauthausen
López Rama, José (Vilasantar); Gusen
López Reymóndez, Octavio (Villabol, Lugo); Gusen
Martínez Arias, Julio (A Coruña); Gusen
Martínez Cacheira, José (A Coruña); Gusen
Martínez Parada, Castro (Trascastro, Lugo); Gusen
Martínez Pereira, Jaime (Panxón); Gusen
Méndez López, Jesús (Vilar de Cucos, Lugo); Gusen
Miguel Pazos, Olimpio (Redondela); Mauthausen
Millán Martínez, José (Pobra do Caramiñal); Gusen
Murado Mazoy, Jesús (Pol); Gusen
Naveira Campos, José (Betanzos); Gusen
Naveiro Couso, José (Pobra do Caramiñal); Gusen
Otero Avión, Marcial (Covelo); Gusen
Pedro Vallés, Rafael (Laxosa, Lugo); Gusen
Peña Losada, José Andrés (Franza, A Coruña); Gusen
Peña Martínez, Manuel (Feixeiro, A Coruña); Gusen
Pereira Pérez, José (Mugardos); Gusen
Pérez López, Magín (Sarreaus); Gusen
Pérez Rodríguez, Avelino (Entrimo); Ourense
Permuy Pérez, Manuel (Igrexa, A Coruña); Mauthausen
Piñeiro Aguilleiro, Manuel (Dumbría); Mauthausen
Piñeiro Otero, Antonio (Chapela, Redondela); Gusen
Pontes Palmeiro, Manuel (Ferrol); Gusen
Quintana Romero, Antonio (Curril, Pontevedra); Gusen
Rafales Lamarca, Luis (A Coruña); Mauthausen
Rajo Lorenzo, Julio (O Carballiño); Mauthausen
Ramos González, Valentín (Brandomil, A Coruña); Mauthausen
Rey Cruz, Manuel (Bueu); Gusen
Rey Domínguez, Demetrio (Santa Comba do Jarjantos, Ourense); Gusen
Rey Lago, Juan (Lampó, A Coruña); Gusen
Rodríguez Abad, Antolín (Vilanova de Arousa); Gusen
Rodríguez Fernández, Ricardo (Vigo); Mauthausen
Rodríguez Louro, Manuel (Ézaro, Carnota); Gusen
Rodríguez Trillo, Juan (Corbeira, A Coruña); Gusen
Romaní Abeijón, Eduardo (Muros); Gusen
Romero Rebón, Carlos (Cerbas, A Coruña); Gusen
San Miguel Prada, Víctor (A Coruña); Gusen
Santín Aira, Balbino (Sebras, Lugo); Gusen
Seijas Aller, José (Castro, A Coruña); Gusen
Seijas Insua, José (Carral); Gusen
Souto Vilares, Agustín (Nantín, Lugo); Gusen
Soutullo Iglesias, Manuel (Ourense); Mauthausen
Suárez Gallego, Alberto (Veiga); Gusen
Tallón Charlón, Enrique (A Coruña); Gusen
Teixera Galimanes, Mario (Moledo, a carta envíase a Pontevedra), Portugal; Gusen
Tizón Vázquez, Claudio (Pontevedra); Mauthausen
Varela Loreino, Francisco (Vilagarcía de Arousa); Gusen
Vázquez Baldomino, Jesús (Cuxas, Ourense); Gusen
Vázquez González, Antonio (Ourense); Gusen
Villar Piñçon, Manuel (Cervo, A Coruña); Gusen
Yebra Dacoba, Manuel (Seixo, Ourense); Gusen

 

Nota: nunha primeira versión deste artigo dábase unha cifra errada dos galegos mortos en Mauthausen segundo o rexistro do Ministerio de Xustiza. Fica corrixida.

 

Nota 2: respectouse a grafía dos nomes segundo a recolle o BOE.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/memoria/91-galegos-mortos-mauthausen/20190809111038082949.html


© 2019 Sermos Galiza