Imprimir

O adestrador do Eibar planta a prensa após ser increpado por contestar en euskera

Redacción | 26 de abril de 2015

Gaizka Garitano puxo fin á rolda posterior ao encontro do seu equipo en Almería, ante as continuas protestas dos xornalistas locais. [Vídeo no interior]


O adestrador do Eibar, Gaizka Garitano, plantou este domingo a prensa na rolda posterior ao encontro que o seu equipo disputou en Almería. Garitano recibiu unha primeira pregunta en euskera, que contestou na mesma lingua. Unha situación que provocou as protestas dos xornalistas locais, segundo informa o xornal Gara.

Malia os intentos do responsábel de prensa do club andaluz, que pediu respecto para Garitano e recordou que era unha situación habitual, as críticas continuaron. O adestrador do Eibar decidiu levantarse e abandonar a sala.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/adestrador-do-eibar-planta-prensa-apos-ser-increpado-contestar-euscara/20150426202104036869.html


© 2019 Sermos Galiza