Imprimir

Adolfo Caamaño acada o Modesto Figueiredo de narración breve

Redacción | 12 de xaneiro de 2016

Adolfo Caamaño
Adolfo Caamaño

Conseguiron senllos áccesits Diego Giráldez e Lionel Rexes.

O escritor pontevedrés acadou o Premio Modesto R. Figueiredo coa ogra 'Pin ball do Pombal', convocado pola Fundación do Pedrón de Ouro e coa colaboración do Concello de Teo, e dotado con 1.000 euros. 

Tamén acadaron recoñecementos do xurado as obras 'Sagradas escrituras', de Diego Giráldez; e 'Monsieur Bocskai', de Lionel Rexes, que obtiveron os dous áccesits que prevé a organización, dotados con cadanseus 400 euros. O xurado tamén recomendou a publicación do orixinal 'A primeira pedra', sen especificar o autor.
 
Adolfo Caamaño (Barro, 1959) ten publicado diferentes en varias editoriais do país, tanto de poesía como de narrativa, tanto para adultos como para nenos. No seu haber atopamos galardóns como o Manuel Murguía de Narrativa Breve en 2014, ou o Johán Carballeira en 1999. 

Este premio leva convocándose desde 1976, con gañadores hoxe xa consolidados no noso sistema literario, como Xavier Alcalá, Víctor Freixanes, Tucho Calvo, Miro Villar, Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Rosa Aneiros, Francisco Castro ou Helena Villar.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/adolfo-caamano-acada-modesto-figueiredo-narracion-breve/20160112173457044007.html


© 2019 Sermos Galiza