Imprimir

Agresión ao patrimonio: a catedral de Compostela amence con varias pintadas

Redacción | 12 de Marzo de 2019

As pintadas serán analizada por persoas expertas para determinar o xeito de eliminalas, informa o Concello compostelán, que condenou os feitos.

Menos dun ano despois de que unha das esculturas que sosteñen a portada dereita da fachada das Praterías da catedral de Santiago amencese pintada de azul, este recinto volveu ser vítima dunha agresión. Apareceu esta terza feira con pintadas en castelán en diferentes partes das súas fachadas. 'Yo no salí de tu costilla, tú saliste de mi coño!' fíxose na parte baixa das escaleiras que dan acceso á catedral desde a Praza do Obradoiro. Na zona do Arco de Xelmírez apareceron 'Guillotina, Borbón', 'Gritaremos hasta quedarnos sin Vox'.

 

O Concello de Santiago condenou a través das redes sociais esta "nova agresión ao patrimonio" e informou de que xa se puxo a disposición da Catedral para colaborar en todo o que sexa necesario. "As pintadas serán analizadas por expertos para determinar o modo de eliminalas", explica o Consistorio compostelán a través do seu perfil de 'Twitter'.
 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, demandou ao Consistorio de Santiago a instalación de cámaras de videovixilancia nos arredores da Catedral "para que estea protexida fronte a diversos actos vandálicos". 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/agresion-ao-patrimonio-pintadas-catedral-compostela/20190312120525076982.html


© 2019 Sermos Galiza