Imprimir

Ana Romaní, 'Premio Nacional' de xornalismo cultural

Redacción | 25 de Setembro de 2018

A xornalista e poeta Ana Romaní. Foto: cedida.
A xornalista e poeta Ana Romaní. Foto: cedida.

A xornalista e poeta Ana Romaní (Noia, 1962) vén de ser distinguida co Premio Nacional de xornalismo cultural que outorga o Ministerio de Cultura. Directora do Diario Cultural da Radio Galega durante 28 anos, a emisora pública suprimiu o espazo na programación desta tempada, aínda que mantivo o nome con outro formato.
 

A decisión da CRTVG provocou unha enorme vaga de solidariedade e protesta no mundo cultural.

 

O xurado do galardón, dotado con 20.000 euros, salientou a “longa traxectoria no xornalismo” de Romaní, “o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”. Tamén sinalou “a súa visión de feminismo crítico e o seu compromiso social”.

 

Ademais do seu labor xornalístico, Ana Romaní é a autora dunha importante obra poética con títulos como Das últimas mareas (1994), Arden (1998) ou Estremas (2010).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/ana-romani-premio-nacional-xornalismo-cultural/20180925131426072314.html


© 2019 Sermos Galiza