Imprimir

Arrinca o Seminario de Comunicación e Xénero

Redacción | 12 de novembro de 2018

Margarita Ledo [Imaxe: Laura R. Cuba]
Margarita Ledo [Imaxe: Laura R. Cuba]

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle esta segunda feira o primeiro Seminario de Comunicación e Xénero. Está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e dirixido pola súa coordinadora Margarita Ledo Andión.

En palabras do grupo, o seminario “busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica das identidades de xénero”.

 

Conta coa colaboración da Xunta, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, o programa Territorio das Mulleres, a Asociación Xornalistas Galegas e o Colexio de Xornalistas.

 

meme-web1peque-seminario1

Esta primeira xornada terá unha duración de 16 a 21.30 horas. Serán convidadas Ana Jorge Alonso (Universidade de Málaga), Carla Cerqueira (CECS-Universidade do Minho) e Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela). Para rematar e previo a un debate co público, proxectarase o filme Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro.

 


A inscrición é de balde a través dun formulario na páxina web.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/arrinca-seminario-comunicacion-xenero/20181112112144073605.html


© 2019 Sermos Galiza