Imprimir

Artur Mas opta por descartar a investidura de Puigdemont

Redacción | 01 de abril de 2018

Manifestación soberanista no inicio do xuízo polo 9N. Artur Mas é o segundo pola dereita na primeira fila. Puigdemont, o terceiro.
Manifestación soberanista no inicio do xuízo polo 9N. Artur Mas é o segundo pola dereita na primeira fila. Puigdemont, o terceiro.

O ex president da Generalitat cuestiona a investidura, nas actuais condicións, de Carles Puigdemont. Para Artur Mas, que se explicou nunha entrevista en RAC 1 na mañá deste domingo, votar a presidencia de Puigdemont no Parlament pode implicar a apertura de novas causas xudiciais contra políticos independentistas.
 

“Hai que analizar se paga a pena intentar agora a investidura de Puigdemont”, dixo, “ou rearmarse e formar gobierno para facer fronte e tirar cara adiante”. Segundo Mas, en todo caso, a situación actual é inxusta: “Non se deixa investir unha persoa que ten todo o dereito a selo. É criticábel e tense que combater, mais coa forza que temos”.

 

Porén, para o ex president, que abandonou a política despois de que a CUP puxese como condición para apoiar a formación dun goberno de Junts pel Si -ERC e PDeCat- en 2015 a dimisión de Mas, votar a Puigdemont “comportaría abrir máis procesos penais contra máis persoas”.

 

Artur Mas entornou na conversa que el opta por “un Govern de Catalunya que podería axudar a reclamar máis xustiza e máis lexitimidade”. Na mesma entrevista, afirmou que non fala con Puigdemont desde o pasado decembro “porque hai un problema de seguridade nas comunicacións” e porque non “se considerou necesario que me desprazase a Bélxica”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/internacional/artur-mas-opta-descartar-investidura-puigdemont/20180401172002067460.html


© 2019 Sermos Galiza