Imprimir

A Audiencia de Ourense absolve de fraude con fondos europeos o ex delegado da Xunta

Redacción | 24 de xuño de 2019

Concello de Arnoia. Foto: Wikipedia.
Concello de Arnoia. Foto: Wikipedia.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu Rogelio Martínez, ex delegado da Xunta en Ourense, de presunto fraude nos fondos europeos para proxectos en Arnoia. Martínez enfrontábase a unha petición de 16 anos de prisión.

A suposta fraude sucedeu en axudas da Unión Europea para construír unha planta de biomasa e cinco obradoiros no Concello de Arnoia, do que foi alcalde. Na mesma causa había outras dez persoas investigadas, para sete das cales xa prescribiran os delitos.

A sentenza conclúe que “non existen indicios de que os investigados tivesen coñecemento da disfunción existente entre a realidade que acreditaban os documentos presentados e as obras realmente executadas”. Os feitos sucederon en 1999 e a primeira denuncia, presentada polo BNG comarcal, que logo se retirou da causa, data de 2006.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/audiencia-ourense-absolve-fraude-fondos-europeos-ex-delegado-da-xunta/20190624175710081189.html


© 2019 Sermos Galiza