Imprimir

Banco Sabadell pide, en inglés, que unha consulta en galego se lle remita noutro idioma

Redacción | 10 de xuño de 2019

banco sabadell
banco sabadell

A Mesa denuncia este feito e lembra que ningunha entidade bancaria garante o dereito da poboación galega a usar a súa lingua.

O Banco Sabadell respondeu en inglés a unha consulta feira en galego e usou a lingua de Shakespeare para pedir ao cliente que remitise ese trámite en catalán, euskera, español, inglés, alemán ou francés. “Esta resposta indica que o Banco Sabadell acepta calquera outra lingua oficial do Estado e varias linguas doutros países, pero non o galego”, considera A Mesa, entidade que denunciou este feito que enmarca na “vulneración dos dereitos lingüísticos”.

O Banco Sabadell é unha das poucas entidades que permitían empregar a lingua galega, tanto na súa web como nas aplicacións móbiles e nos caixeiros, lembra A Mesa, apuntando ao ‘Informe sobre o uso do galego nas entidades bancarias’.

Segundo o Informe da Mesa, ningún banco garante o dereito da poboación galega a usar a súa lingua e unicamente 4 das 14 "entidades financeiras colaboradoras" ás que as persoas usuarias deben acudir para realizar determinados trámites como obrigatorios e necesarios como o pagamento de taxas universitarias, sancións administrativas, diversas taxas por servizos públicos administrativos ou venda de bens, entre outros, ofrecen servizos web en galego.

"Os poderes públicos galegos teñen a obriga de garantir o dereito a usar do galego, por iso, han de promulgarse medidas legais para a igualdade real e efectiva da nosa lingua como a proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular de Medidas para a garantía dos dereitos lingüisticos no ámbito socioeconómico que presentou no Parlamento de Galiza en 2017 a Mesa pola 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/banco-sabadell-pide-ingles-consulta-galego-lle-remita/20190610130408080628.html


© 2019 Sermos Galiza