Imprimir

O BNG chama ao electorado decepcionado co PSOE e con Podemos

Europa Press | 08 de novembro de 2019

Olalla Rodil, Néstor Rego, Ana Pontón, Carme Da Silva e Francisco García, esta sexta en Compostela. (EP)
Olalla Rodil, Néstor Rego, Ana Pontón, Carme Da Silva e Francisco García, esta sexta en Compostela. (EP)
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quixo esta sexta feira ser "moi clara" e pedir o voto a "todas esas persoas que apostaron polo PSOE e por Podemos" nas eleccións do 28 de abril e que se atopan "decepcionados por como xogaron co seu voto".

Ana Pontón instou á cidadanía a "participar" nas eleccións do 10 de novembro e a "coller, con orgullo de país e con ilusión, a papeleta do BNG, que garante a defensa de Galiza" para que teña "voz e peso" no Estado. No último acto de campaña das nacionalistas en Santiago de Compostela, a líder do BNG estivo acompañada polas catro cabezas de lista, Olalla Rodil (Lugo), Néstor Rego (A Coruña), Carme da Silva (Pontevedra) e Francisco García (Ourense).

Neste escenario de repetición electoral, o Bloque busca o electorado de esquerdas, máis concretamente a "todas esas persoas que están decepcionadas" co PSOE e con Podemos, a quen "lles pesa máis o electoralismo e os egos sobre os intereses das maiorías" e a quen acusou de "discriminar" Galiza.

Pontón, por unha Galiza mellor

Dirixiuse Ana Pontón ás nacionalista para pedirlles que este domingo "aposten pola papeleta do BNG": "Porque é a garantía de que podamos garantir un país mellor, de que en Galiza teñamos mellores pensións, mellores salarios, pór fin á crise das electrointensivas e sanear as nosas rías".

Pontón trasladou a súa inquietude cos "aires que chegan desde Madrid", máis concretamente desde a Asemblea da Comunidade, na que Vox conseguiu que se aprobase, co apoio de PP e Ciudadanos, unha proposición non de lei para pedir ao Goberno central que ilegalice a "partidos separatistas que atenten contra a unidade da nación cos instrumentos legais ao seu alcance ou procedendo ás reformas legais que habiliten a iso".

 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/bng-chama-ao-electorado-decepcionado-co-psoe-podemos/20191108143035086549.html


© 2019 Sermos Galiza