Imprimir

O Cádiz corta a escalada do Dépor ao liderado

Redacción | 23 de decembro de 2018

Imaxe: Cádiz
Imaxe: Cádiz

Goleada dos andaluces (3-0) a un Deportivo que careceu de ideas e ánimo.

Unha vitoria no Carranza podía levar os coruñeses a liderar a táboa da Liga 123 mais do estado gaditano o Dépor trae cero puntos e tres goles en contra máis. Non tiveron o seu día os deportivistas, sen ideas e mesmo sen ánimos durante varios períodos do encontro, algo que o Cádiz non desaproveitou. O resultado (3-0), porén, hai que matizalo: dous dos goles chegaron na recta final do partido.


Os primeiros quince minutos non deixaban un control claro da situación paa ningunha das equipas. Na primeira ocasión clara do partido, o Cádiz marcou o primeiro gol grazas a un roubo con internada de Jairo Izquierdo cuxo centro foi rematado por Lekic.


A primeira oportunidade do Dépor non foi até dez minutos despois, no 25, cun tiro alto de David Simón após un servizo lateral. Houbo a partir de aí varias ocasións de ambas as dúas equipas. Os coruñeses, procurando o empate e os gaditanos movéndose no que se sinten máis cómodos: o contragolpe.


Na segunda metade volveu haber cambio de golpes, de oportundiades. Mais na recta final o contragolpe do Cáfiz foi máis efectivo e callou en dous novos goles.

 

Ficha técnica:

Cádiz CF (3): Cifuentes, Rober Correa, Kecojević, Marcos Mauro, Brian, Garrido, José Mari, Álex Fernández (Carrillo, min. 90), Manu Vallejo, Jairo (Carmona, min. 86) e Lekić (Dani Romera, min. 75).

RC Deportivo (0): Dani Giménez, David Simón, Somma (Carles Gil, min. 82), Domingos Duarte, Pedro Marí, Diego Caballo, Edu Expósito (Fede Cartabia, min. 72), Álex Bergantiños (Krohn-Dehli, min. 46), Vicente Gómez, Borja Valle e Quique.

Goles: 1-0 Lekić (min. 15); 2-0 Manu Vallejo (min. 79); 3-0 Carrillo (min. 90+4).

Árbitro: Díaz de Mera Escuderos. Amoestou Pablo Marí (min. 28), Domingos Duarte (min. 45+1), Marcos Mauro (min. 72), Jairo (min. 85), Carmona (min. 90+2) e Cifuentes (min. 90+2).


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/cadiz-corta-escalada-do-depor-ao-liderado/20181223104241074859.html


© 2019 Sermos Galiza