Imprimir

O Celta cae en Mendizorroza malia dominar o xogo

Redacción | 04 de febreiro de 2018

Xogadores do Alavés celebran un gol. Foto: Deportivo Alavés.
Xogadores do Alavés celebran un gol. Foto: Deportivo Alavés.

O Celta dominou o partido contra o Alavés do inicio ao final. Mais non lle abondou para arrincar os tres puntos de Mendizorroza. Os vascos rendabilizaron ao máximo as súas escasas chegadas a territorio vigués.
 

A primeira oportunidade do Alavés, apenas transcorridos catro minutos de partido, materializaouse en gol. Quince minutos despois, repetían efectividade e puñan o marcador 2-0. A partir dese intre, o Celta fíxose co control do balón e do xogo. E, porén, as súas chegadas á porta dos locais non se transformaron en goles.

 

Na segunda metade do encontro, a superioridade celeste aínda se fixo máis notoria. Sisto estivo a piques de inaugurar o marcador para os de Vigo pero non foi ate o primeiro minuto do desconto que Iago Aspas marcou. Xa era tarde.

 

Malia o revés -o Eibar quítalle a séptima praza na Liga-, o Celta aínda ten no punto de mira as prazas para Europa

 

Ficha técnica:

Alavés, 2: Pacheco; Martín Aguirregabiria, Laguardia, Ely, Alexis; Tomás Pina, Manu García, Ibai Gómez (Hernán Pérez, min.89), Rubén Sobrino (Bojan, min.74), Pedraza; Munir (Torres, min.81).

RC Celta, 1: Rubén; Jonny, Roncaglia, Sergi Gómez, Mazán (Jozabed, min.58) Lobotka, Wass, Radoja (Emre Mor, min.74), Iago Aspas, Brais Méndez (Sisto, min.58), Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.4: Pedraza; 2-0, min. 18: Munir; 2-1, min.91: Iago Aspas.

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou Radoja, Jozabed, Sobrino, Alexis.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/celta-cae-mendizorroza-malia-dominar-xogo/20180204110158065702.html


© 2019 Sermos Galiza