Imprimir

CIG-Ensino gaña as eleccións no sistema universitario galego

Redacción | 10 de maio de 2019

Facultade de Hisoria.
Universidade de Santiago.
Facultade de Hisoria. Universidade de Santiago.

Revalida a súa posición de primeira forza: logrou 38 delegados e delegadas entre as 3 universidades, por 31 de CCOO, 30 de CSIF, 28 de UXT e 7 de Agptu. A central nacionalista logrou 22,5% dos votos.

A CIG-Ensino vén de revalidar nas elección sindicais realizadas esta quinta feira a súa condición de sindicato con máis delegados e delegadas no conxunto das tres universidades galegas. Dun total de 208 persoas que conformaban a súa candidatura 38 foron elixidas como delegadas, 13 da categoría de PDI (persoal docente e investigador) funcionario e 25 laborais. 

 

As 38 representantes da CIG súmanse as 31 de CCOO, 28 de UXT, 7 de Agptu e 7 de Asociados Vigo. Por universidades, a CIG foi a máis votada na de Vigo mentres que a da Coruña e de Compostela o CSIF foi quen logrou maior número de delegados e delegadas.

 

Para gañarmos unha universidade con futuro. PDI con dereitos e sen precariedade.  Con este lema a CIG-Ensino concorreu a estes comicios co obxectivo de recuperar  13% do poder adquisitivo perdido polo PDI das universidades galegas desde o ano 2010, así como o pago completo das pagas extras nos conceptos dependentes do Estado (salario base e trienios) e o complemento específico nas pagas extras recurtado polo goberno Feijóo durante os anos 2013-2016. 

 

Ademais, o sindicato incorporaba no seu programa a reposición de efectivos, lastrada polas taxas de reposición aprobadas polos gobernos españois. “A imposibilidade de renovar e de incorporar novos activos nestes últimos anos levou a que o cadro de persoal das universidades galegas sexa dos máis envellecidos de todo o Estado e frustrou a carreira profesional de miles de persoas que ou ben abandonaron as súas aspiracións na Universidade ou ben emigraron fóra de Galiza”, denuncia o sindicatos.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/cig-ensino-volve-ganar-eleccions-sistema-universitario-galego/20190510125935079427.html


© 2019 Sermos Galiza