Imprimir

CRTVG abre expediente disciplinario ao locutor Carlos Jiménez, participante nos 'Venres Negros'

Redacción | 16 de novembro de 2018

@Carlos Jimenezd
@Carlos Jimenezd

Defende a Galega considera que, como no caso da xornalista Tati Moyano, volve usarse o "argumento da compatibilidade" para un expediente contra "un traballador activo nos Venres Negros".

 

A dirección da CRTVG abre expediente disciplinario a Carlos Jiménez, guionista, humorista e locutor, e cualifica como falta "moi grave" que" locutase un programa da propia TVG". Afirmao o colectivo 'Defende a Galega', que aponta a que o xornalista incluso podería ser despedido. Un profesional, lembran, que está implicado na loita que estes meses desenvolve o persoal dos medos públicos galegos contra o control e a manipulación, indica 'Defende a Galega'.
 

 

A acción contra Jiménez, prosegue sinalando o colectivo, chega semanas despois de que se tivese que arquivar un expediente á xornalista Tati Moyano. "De novo, a CRTVG usa o argumento da compatibilidade contra un traballador activo nos Venres Negros".

 

 

 

Defende a Galega demanda o arquivamento inmediato do expediente. Carlos Jiménez (Viveiro, 1971) é actor de dobraxe, locutor e presentador radiofónico e de televisión, humorista e imitador galego. 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/crtvg-abre-expediente-disciplinario-ao-locutor-carlos-jimenez-participante-activo-nos-venres-negros/20181116071202073744.html


© 2019 Sermos Galiza