Imprimir

A CRTVG ve o galego “unha desigualdade” nas probas de acceso á universidade

Redacción | 12 de xuño de 2019

[Imaxe: Wikipedia] Coche da CRTVG
[Imaxe: Wikipedia] Coche da CRTVG

“Examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son máis difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes”. Este foi o enfoque co que a TVG informou do inicio das probas da ABAU, a anterior Selectividade.

D829d-xW4AE_IPVA cobertura do inicio das probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), a anterior Selectividade, na TVG espertou numerosas críticas nas redes sociais, pois o ente público aludiu ás "desigualdades entre comunidades" advertindo que as galegas e galegos "saen perdendo". A continuación, vinculou esa "desigualdade" coa materia de Lingua e literatura galega, "examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son máis difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes".

A información publicada na web da CRTVG ás 8.40 horas incide na liña do defendido polo PP nas últimas semanas. O último en apostar nunha selectividade única para todo o Estado foi Alberto Núñez Feixoo. Tanto a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, como as Ampas, manifestáronse en contra pola "uniformización" e "centralización" que suporía.

Unha das voces que se manifestou publicamente contra o enfoque da cobertura da información -que na noticia das 15.22 eliminara toda a referencia ao galego- foi a de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.

Outras persoas tamén denunciaron o enfoque da información da CRTVG

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/crtvg-ve-galego-desigualdade-nas-probas-selectividade/20190612154110080701.html


© 2019 Sermos Galiza