Imprimir

A CUT convocará folga de mulleres para o 8M

Redacción | 22 de decembro de 2018

8M 3
8M 3

Greve de 24 horas cunha convocatoria legal dirixida exclusivamente para as mulleres, informa o sindicato.

A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) convocará folga de mulleres este 8 de marzo e así o puxo en coecemento do movemento feminista agrupado en 'Galegas 8M'. O sindicao anuncia que a convocatoria será a dunha greve de 24 horas cunha convocatoria legal "dirixida exclusivamente para as mulleres".


Desde a Secretaría das Mulleres da CUT inciden na necesidade de "fortalecer e pular polo feminismo de clase do país", visibilizando "a loita das traballadoras do sector produtivo e reprodutivo, as asalariadas e as que non".


Por último, a central sindical anuncia que a partir da segunda quincena de xaneiro comezarán a socializarse os traballos que o sindicato está a realizar para este 8M.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/cut-convocara-folga-mulleres-8m/20181222134227074850.html


© 2019 Sermos Galiza