Imprimir

Deixa o cargo unha alcaldesa do PNV pola imposición xudicial da bandeira española

Redacción | 14 de febreiro de 2015

Ikurriñas nun acto do PNV.
Ikurriñas nun acto do PNV.

O Tribunal Constitucional obriga a colocar no consistorio vasco de Mungia a bandeira do Estado central, decisión que a edil considera que vulnera o seu “dereito á liberdade ideolóxica”.

 

A alcaldesa do municipio vasco de Mungia, Izaskun Uriagereka, e a concelleira de Cultura, Miren Begoña Bilbao, ambas do Partido Nacionalista Vasco, decidiron dimitir para non executar a sentenza do Tribunal Constitucional que ratificou que o Concello da localidade biscaíña debe colocar a bandeira española na fachada da casa consistorial.

As dúas edís, que fixeron efectiva a súa renuncia formalmente no pleno extraordinario do venres, decidiron abandonar o cargo por "conciencia", despois de que o Constitucional rexeitara o recurso de amparo, no que alegaban o seu "dereito á liberdade ideolóxica" e "obxección de conciencia" para non colocar o símbolo rojigualda

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/euskal-herria/deixa-cargo-alcaldesa-do-pnv-pola-imposicion-xudicial-da-bandeira-espanola/20150214161234034967.html


© 2019 Sermos Galiza