Imprimir

Denuncian na Fiscalía a morte de dous pacientes no corredor de Urxencias do CHUS

Redacción | 11 de Xaneiro de 2019

Unha imaxe anterior dun colapso en Urxencias. 
Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS
Unha imaxe anterior dun colapso en Urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS

Foi o pasado 2 de xaneiro, unha xornada na que este servizo “colapsou”. O Sergas nega as dúas mortes nos corredores e di que abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Profesionais Hospital Universitario de Santiago denunciaron perante a Fiscalía a morte de dous pacientes nos corredores do servizo de urxencias o pasado 2 de xaneiro. A médico nese servizo e delegada de Prevención da xunta de persoal, Fátima Nercellas, informou destes feitos esta sexta feira. Dixo que ese mesmo 2 de xaneiro puxo en coñecemento da Fiscalía estes feitos.

 

Nercellas asegurou que no día 2 chegou a haber "catro pacientes en parada" nos corredores de Urxencias, espazos nos que se acumularon até "29 pacientes". Dous deles acabarían falecendo, unas mortes que agora vai investigar a Fiscalía. Fátima Nercellas participou esta sexta feira canda outros dous profesionais dos servizos de urxencias na comisión paralela sobre Sanidade que impulsa a oposición parlamentar.

 

O 2 de xaneiro Urxencias do Clínico atendeu 492 persoas en 24 horas

 

“Estamos nunha situación dramática. A día de hoxe estamos entrando na epidemia da gripe, esta semana supostamente actívase o plan de continxencia que é acumular aos doentes entre cortinas en urxencias. Non poden saír de urxencias até saber que tipo de gripe é e, polo tanto, tampouco poden subilos á planta xa que deberían estar en habitacións separadas pero si poden estar en urxencias cos seus acompañantes”, declarou Fátima Nercellas.

 

 

En febrero de 2017 unha muller falecía nos corredores do servizo de Urxencias do Hospital de Santiago mentres esperaba a ser atendida. Uns feitos que o sindicato médico CESM-Omega denunciou perante a Fiscalía, que enviou  a un xulgado de Santiago unha denuncia ao considerar que había "indicios de delito" nesa morte.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/denuncian-fiscalia-morte-dous-pacientes-corredor-urxencias-do-chus/20190111141148075179.html


© 2019 Sermos Galiza