Imprimir

"Precisamos unha prensa independente e comprometida coas maiorías sociais"

Redacción | 15 de xuño de 2018

Henrique Monteagudo durante a súa conversa sobre Sermos Diario Galego
Henrique Monteagudo durante a súa conversa sobre Sermos Diario Galego

Falamos con Henrique Monteagudo sobre o proxecto de xornal diario que Sermos prepara para 2019. O académico destacou a necesidade dun espazo no panorama mediático actual onde a cidadanía vexa reflectida a súa pluralidade e os seus intereses

"Precisamos dunha prensa independente, crítica e plural que dea voz a moitas persoas e colectivos que non teñen cabida nos medios de agora", explica Henrique Monteagudo, profesor na USC e académico numerario da RAG. O filólogo insistiu na importancia da independencia profesional do xornal, que non pode "estar vendido aos poderes económicos ou político".

 

Ademais, vaticina que Sermos Diario Galego podería ser unha alternativa onde "a cidadanía vexa reflectida a nosa pluralidade e os nosos intereses". Alén diso, e en relación co seu ámbito de traballo, Monteagudo fai tamén referencia ás persoas empregadas na Administración pública, expostas a un constante maltrato laboral. "Por isto é necesario un medio que defenda a importancia do servizo público, e isto é aínda máis acusado no ensino", conclúe.

 

 

Por último, o profesor agarda que Sermos Diario Galego poida acadar os apoios mínimos para levar cara diante o proxecto, do que xa espera que traballe cunha equipa ampla de profesionais comprometidos coa "prensa independente e cos movementos sociais".

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/diario-galego-suporia-prensa-independente-comprometida-coas-maiorias/20180613130657069724.html


© 2019 Sermos Galiza