Imprimir

O domingo xogámonos a liberdade e a igualdade

Laureano Bermejo | Secretario de Organización de Ciudadanos na Galiza

Sermos Galiza | 08 de novembro de 2019

Os liberais teñen que ir votar para que non gañe o nacionalismo e os extremos. Temos na nosa man botar Sánchez, gañarlle. En Andalucía foi posíbel porque se desmobilizou unha parte cansa de anos nun goberno socialista. O voto é a munición dos demócratas. Se non votas, outros deciden por ti.

Cs comprométese a poñer o país en marcha, a pactar co PP e sacar adiante un goberno nun mes. O obxectivo é dar volta á tortilla para ter un goberno sensato e moderado. Se gaña Sánchez, hai que tentar que non teña a maioría, para que as leis pasen polo Congreso e Cs poida revisar o seu traballo.

A Cs non lle gusta Sánchez, pero non se poden repetir as eleccións, hai que buscar un consenso.

Está nas nosas mans gañar a Sánchez e formar un goberno moderado e  constitucionalista. Só un 2% máis de voto a Ciudadanos son 20 escanos máis para gañar a Sánchez e conseguir un novo goberno moderado e liberal entre Cs-PP. Os votantes de centro, moderados, non se poden quedar na casa. Estamos a un puñado de votos de conseguir unha alternativa para gañar a Sánchez.

Témolo moi preto e claro que se pode. Xa o vimos en Andalucía. Por que houbo cambio en Andalucía? Por que foi posíbel? Porque Ciudadanos remontou nos últimos días e sumamos para o cambio. Un 2% máis para Ciudadanos na última semana e que os votantes moderados e de centro fosen ás urnas fixeron posíbel o cambio.

Púidose en Andalucía e agora tamén se pode. Só un 2% máis de voto a Ciudadanos son 20 escanos máis para gañar a Sánchez que o cambiarán todo. Mentres un 2% a PP e PSOE son só 4 escanos que non cambian nada e manterase o bloqueo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/laureano-bermejo/domingo-xogamonos-liberdade-igualdade/20191107210352086522.html


© 2019 Sermos Galiza