Imprimir

Dous lumes activan o nivel 1 de alerta en Ourense

Redacción | 21 de agosto de 2013

A proximidade das lapas ás parroquias de Cudeiro e Velle elevan ao máximo a precaución. A veciñanza xa foi desaloxada nas aldeas máis achegadas aos incendios

 

A cidade de Ourese atópase rodeada por dous lumes iniciados esta cuarta feira. A proximidade das lapas ás parroquias de Cudeiro e Velle obrigan aos servizos de emerxencia a desaloxar as aldeas máis achegadas aos incendios e activan o nivel 1 de alarma.

Arredor de 40 hectáreas --entre os dous focos-- de monte fican xa en cinsa onde os grupos de extinción de incendios seguen a traballar, algúns vindos desde León. 

Imaxe capa: @margaalfonso

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/galiza/dous-lumes-activan-nivel-1-alerta-ourense/20130821203631018293.html


© 2019 Sermos Galiza