Imprimir

#Editorial259: a vixencia de Bóveda

SG | 16 de agosto de 2017

Alexandre Bóveda
Alexandre Bóveda

Conmemoramos con estas páxinas especiais o Día da Galiza Mártir, unha xornada que debería ser institucionalizada en lembranza do pensamento de Alexandre Bóveda e de cantas e cantos sufriron a represión por defender Galiza e a liberdade.

 

Unha data que se comezou a conmemorar en 1942, a raíz da publicación do artigo asinado por Castelao Un simple recordo no número 427 de A Nosa Terra, editada pola Irmandade Galega de Bos Aires. Unha data que debe servir para completar o libro do esquecemento non só con páxinas tinguidas de sangue, exilio, torturas ou vexacións cometidas polos falanxistas, senón tamén con páxinas de luz sobre as nosas e os nosos mártires, heroínas e heroes, con nomes e apelidos, cuxo compromiso ético e político os levaron a entregar a súa vida polo país.

 

O pensamento de Bóveda continúa vixente 81 anos após o seu asasinato: a necesidade dun banco nacional galego, co fin de que o aforro non emigrase; dunha administración tributaria propia –tal e como expón con argumentos científicos o economista Xosé Díaz no libro editado por Sermos Galiza As contas que nos contan, cun sistema de concerto económico Galiza contaría con máis de 3 mil millóns de euros adicionais para destinar a servizos públicos e ao benestar das persoas– e dun novo mapa territorial que elimine as administracións paralelas e contemple Galiza como nación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/editorial259-vixencia-boveda/20170816195135060539.html


© 2019 Sermos Galiza