Imprimir

Endesa tira de olivas para reactivar a central das Pontes

Redacción / E.P. | 08 de outubro de 2019

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes

A central térmica reactivou un dos catro grupos do complexo para probar combustíbeis alternativos ao carbón.

O orujillo (bagazo) de oliva e os lodos devolveron esta terceira feira a actividade á central térmica de Endesa nas Pontes. Estes dous combustíbeis mesturáranse co carbón importado para xerar o suficiente poder calorífico para mover de novo as turbinas da central e reducir as emisión de CO2.

Deste xeito, Endesa continúa coas probas para estudar se é rendíbel a mestura de carbón con 10-15% de orujillo de oliva e outro tanto de lodos. Segundo a compañía, este bagazo obtense do proceso de prensado das olivas e xa se buscara noutra ocasión para as probas xa que “emite moitas calorías e non desprende CO2”.

Os camións volven á estrada

A reactivación do grupo da central tamén trouxo consigo carga de traballo para os transportistas. Así, os 150 camioneiros repartíronse as tarefas. Vinte deles comezaron a transportar carbón desde o porto de Ferroa  ao parque de Saa. En paralelo, outros 16 transportistas partiron esta terceira feira cara Jaén para buscar orujillo de olivaa.

Malia esta reactivación, mantense a convocatoria dunha folga xeral nas Pontes o 16 de outubro, xornada na que tamén está prevista unha concentración en Madrid.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/economia/endesa-tira-olivas-reactivar-central-das-pontes/20191008141108084919.html


© 2019 Sermos Galiza