Imprimir

Enfermeiras sen Cadeas denuncia os contratos de escravitude do Sergas

Redacción | 22 de agosto de 2019

Denuncian a precariedade nos contratos de continuidade
Denuncian a precariedade nos contratos de continuidade

O colectivo Enfermeiras sen Cadeas, que conta co apoio dos sindicatos CIG, Prosagap e CCOO, denuncia as condicións de “escravitude laboral" ás que están sometidas por mor dos contratos de continuidade que ofrece o Servizo Galego de Saúde. Pola contra, desde a Consellaría de Sanidade reafírmanse en que os termos contractuais permiten a "estabilidade" e a "conciliación". Sanidade prevé aplicar esta medida de forma "inmediata".

De escravitude cualificou Enfermeiras sen cadeas os contratos de continuidade. Este colectivo vigués apoiado pola CIG, Prosagap e CCOO denunciou esta quinta feira 22 de agosto a precariedade e malas condicións laborais que figuran no contrato de continuidade que ofrece o Sergas ás enfermeiras. Desde este colectivo anunciaron unha concentración de protesta para o próximo 16 de setembro ante a dirección provincial de Sanidade en Vigo.

Enfermeiras sen cadeas explicou esta mañá nun acto público que, lonxe de achegar estabilidade, o contrato que ofrece a administración, e que entrará en vigor este outono "precariza aínda máis" as condicións das enfermeiras eventuais”, que son "moitas máis" das que admite a Xunta.

Silvia Rouco, portavoz do colectivo, denunciou as taxas de temporalidade que afectan xa un 40% das enfermeiras en atención especializada e un 28% en primaria, e comparounas coas cifras ofrecidas polo Sergas, que afirma contar cun 80% de estabilidade.

Rouco tamén sinalou que o contrato de continuidade supón unha constante mobilidade das profesionais, podendo traballar "en dous ou máis centros", pasar a ter 48 horas de traballo á semana e ter un 40% do seu horario mensual sen fixar previamente, para que sexa decidido de forma "discrecional" por parte da EOXI, en función das necesidades do servizo.

"O nivel de tensión é inhumano, estamos a poñer en perigo o modelo asistencial e as enfermeiras queremos acabar as nosas quendas coa conciencia tranquila", afirmou Martínez.

Co seu exemplo persoal Silvia Rouco quixo dar a coñecer a situación. Desta maneira relatou que vai xa para 18 anos traballando no Sergas e asinou case 200 contratos dos que "só tres tiveron unha duración superior a tres meses", sendo 89 dos contratos de menos de 15 días e tendo só cotizados 11 anos á Seguridade Social. "Non hai horarios, vives pendente do teléfono, se rexeitas un contrato sanciónanche, non temos dereito a carreira profesional, eu o que quero é estabilidade e non o que ofrecen agora", denunciou.

Na mesma liña, Olga Martínez subliñou que, co rexeitamento ao contrato de continuidade, as enfermeiras pretenden deixar claro que non queren "ser cómplices da precarización do sistema público de saúde", e incidiu que, á marxe das peores condicións laborais, esta medida terá repercusión nos pacientes porque non haberá unha continuidade no seu coidado.

"O nivel de tensión é inhumano, estamos a poñer en perigo o modelo asistencial e as enfermeiras queremos acabar as nosas quendas coa conciencia tranquila", afirmou Martínez.

"Non hai horarios, vives pendente do teléfono, se rexeitas un contrato sanciónanche, non temos dereito a carreira profesional", denunciou.

O Sergas defende o contrato de continuidade en Enfermaría

O Sergas saíu ao paso das acusacións do colectivo e aseguraron que o contrato de continuidade foi pactado cos sindicatos SATSE, UXT, CSIF e CESM-OMEGA na comisión de seguimento do acordo do pasado 3 de xullo.

Sanidade prevé aplicar esta medida de forma "inmediata" e, aínda que inicialmente ofrecéronse 100 contratos de continuidade, sinalou que "poden ser máis".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/traballo/enfermeiras-cadeas-denuncia-contratos-escravitude-do-sergas/20190822200323083345.html


© 2019 Sermos Galiza