Imprimir

Xosé Carlos Caneiro representará á Xunta no Padroado de Afundación

Redacción | 07 de agosto de 2014

Caneiro
Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro representará á Consellaría de Cultura no Padroado da fundación Galicia Obra Social. Jesús Santiago Vázquez Sanluis pola Consellaría de Facenda e Mª Jesús Budiño por Traballo e Benestar completan os nomeamentos. 

A Xunta fixo públicos os tres nomes dos representantes que lle corresponden no Padroado da Fundación Galicia Obra Social entre os que se atopa o escritor Xosé Carlos Caneiro, en representación da Consellaría de Cultura. Canda el, representarán ao goberno galego na entidade, Jesús Santiago Vázquez Sanluis pola Consellaría de Facenda e Mª Jesús Budiño por Traballo e Benestar. 

Os tres nomes correspondentes da Xunta súmanse aos recén nomeados do Parlamento por acordo do PP, PSOE e ANOVA polo que foron propostos Afonso Ribas Fraga, Ángel Sicart , Laura Mosquera Escudero e Eladio Fernández Pérez son as propostas do Parlamento para facerse responsábeis da obra social de Afundación. O órgano conta con 28 membros dos que 3 corresponden á Xunta e 4 ao Parlamento. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/escritor-xose-carlos-caneiro-sera-representantes-da-xunta-no-padroado-afundacion/20140807182002029810.html


© 2019 Sermos Galiza