Imprimir

En estado grave por agresión machista unha muller en Compostela

D.A. | 23 de xuño de 2015

Atacouna cunhas tesoiras o que foi o seu compeñeiro. Había antecedentes por violencia de xénero.

 

I.N.F. foi detido pola Garda Civil esta terza feira (23 de xuño) por un delito de violencia machista após agredir a que fora a súa compañeira --da que non trascenderon máis dados sobre a súa identidade que a súa idade, 22 anos. Os acontecementos ocorreron no barrio de Sar de madrugada sendo que a muller tivo que ser ingresada no Clínico polas feridas causadas en diversas partes do corpo. Atópase en estado grave. 

O home, de 24 anos, foi posto a disposición xudicial para posteriormente ser ingresado nun psiquiátrico por orde do xuíz e após a avaliación desenvolvida pola equipa de psiquiatras do Instituto de Medicina Legal de Galiza (Imelga). 

Fontes oficiais recollidas por La Voz de Galicia sinalan que existían antecedentes de violencia machista. Para alén do seu internamento o xuíz fixou unha orde de afastamento que lle impedirá achegarse a menos de 500 metros da muller. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/estado-grave-agresion-machista-muller-compostela/20150623151600038512.html


© 2019 Sermos Galiza