Imprimir

A Estrada acolle a presentación do A FONDO sobre Fraguas editado por Sermos Galiza

Redacción | 15 de Maio de 2019

A Asociación Cultural Vagalumes da Estrada organiza unha presentación do A FONDO especial que Sermos Galiza lle dedica a Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Será esta sexta feira, ás 20.30 horas, no MOME.

O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acolle esta sexta feira ás 20.30 horas, a presentación do A FONDO especial que Sermos Galiza dedica a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas.

 

O caderno, con 40 páxinas, recolle unha ducia de colaboracións de persoas que coñeceron ou se aproximaron á obra do homenaxeado: Mª Xosé Fernández Cerviño, Felipe-Senén López, Uxío-Breogán Diéguez, Xoán Carlos Garrido, Malores Villanueva, Adolfo de Abel Vilela, Manuel Vilar, Xerardo Pereiro, Xosé Carlos Sierra, Xosé Manuel González Reboredo, Francisco Calo e Encarna Otero.

 

Tomará a palabra no acto, entre outros, Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego. O especial Día das Letras Galegas de Sermos Galiza será distribuído de balde entre as persoas que asistan á actividade.

 

Roteiro

 

A presentación do monográfico enmárcase no programa de actividades que a Asociación Cultural Vagalumes organiza con motivo do 17 de maio. Tamén a sexta feira, día 17, a entidade organiza un roteiro que seguirá os pasos de Fraguas. Terá lugar a partir das 17 horas con saída desde a mámoa do Arnado até o Castro de Ribela, que no seu día fora escavado por Fraguas.

 

Con este roteiro, de menos de catro quilómetros, Vagalumes lembrará o contexto da presenza do homenaxeado co Día das Letras Galegas na capital de Tabeirós-Terra de Montes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/estrada-acolle-presentacion-do-fondo-fraguas-editado-sermos-galiza/20190515115410079626.html


© 2019 Sermos Galiza