Imprimir

A ex alcaldesa Corina Porro farase cargo da xestora do PP vigués

Redacción | 03 de xuño de 2019

A ex alcaldesa de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social Corina Porro. Foto: Contando Estrelas (Wikipedia).
A ex alcaldesa de Vigo e presidenta do Consello Económico e Social Corina Porro. Foto: Contando Estrelas (Wikipedia).

A esmagadora vitoria electoral de Abel Caballero axiña cobrou as primeiras vítimas. A candidata do PP e ex conselleira da Xunta de Feixoo, Elena Muñoz, dimitiu o pasado sábado. E a dirección provincial dese partido xa propuxo quen se faga cargo da xestora que dirixirá a organización de maneira temporal: a ex alcadesa Corina Porro.

A derrota do Partido Popular en Vigo -catro concelleiros fronte a 20 do PSOE, dous de Marea de Vigo e un do BNG- foi de tal calibre que as 37 persoas integrantes da lista -27 candidatas e dez suplentes- manifestaron estar dispostas a renunciar se a formación llo solicita. Os catros edís electos non serán así problema para que a xestora conforme un grupo municipal ao seu xeito.

Porro encabezou o consistorio vigués entre 2003 e 2007 e preside na actualidade o Consello Económico e Social.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/ex-alcaldesa-corina-porro-farase-cargo-da-xestora-do-pp-vigues/20190603172534080391.html


© 2019 Sermos Galiza