Imprimir

As facianas da reforma laboral no número 60 do Sermos Galiza

Redacción | 14 de agosto de 2013

A piques de se facer pública unha nova volta de porca á lexislación laboral poñemos nomes e apelidos a algunhas das medidas aprobadas polo Goberno de Mariano Rajoy

 

Despedimentos colectivos argüíndo perdas económicas para a empresa, suspensión de contratos, reducións de xornada, perda de dereitos e reducións salariais son algunhas das consecuencias que deveñen da reforma laboral. Laura, Arturo ou José Antonio son algunhas das persoas que se viron atinxidas pola nova lexislación coa que os executivos de Madrid e da Xunta cumpriron cos intereses da patronal e as institucións económicas internacionais que aínda así, seguen a exixir unha maior desregulación laboral. 

Con [email protected] falamos neste novo número do noso semanario no que dedicamos especial atención á memoria. Coincidindo co Día da Galiza Mártir (17 de agosto) localidades de todo o país homenaxean @s [email protected] polo fascismo español. Ese fascismo sociolóxico que aínda pervive nas filas do Partido Popular. O partido no goberno da Galiza e Madrid segue sen reprender ao alcalde de Baralla, aquel que xustifica os asasinatos do franquismo. O mesmo que cala sobre o financiamento irregular durante décadas e ten a cabeza nos xulgados da Audiencia Nacional. Sobre o caso Bárcenas falamos nas páxinas de política. 

En Social botamos a ollada ao rural. As aldeas énchense nestas datas de crianzas coa chegada das vacacións estivais. Con algunhas desas familias que trocan a praia pola montaña e a impersonalidade polo contacto directo coa natureza, conversamos no número 60 do Sermos Galiza

Conversamos con Gonzalo Gómez, director de Aporrea.org

Aliás, Luísa González, presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade convértese na protagonista da nosa sección habitual que conformades a 'Comunidade Sermos'. Luísa ten claro que o nacemento do nosos medio de comunicación contribuíu a visibilizar a loita feminista que outros medios "reducen á súa mínima expresión". 

En Internacional viaxamos a Venezuela e entrevistamos ao director do diario dixital Aporrea.org. Gonzalo Gómez, de orixe galega, lembra con nós a figura de Hugo Chávez e o seu legado en América Latina. 

A oficialidade da selección galega de fútbol gaélico, a noite máxica no festival de música do Osmo ou o documental que Cora Peña prepara sobre a mina de Corcoesto, son algúns dos temas que atoparás nas páxinas do número desta semana. 

Bule xa ao teu quiosque ou, se non podes agardar, faite con el na nosa loxa virtual!

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/galiza/facianas-da-reforma-laboral-no-numero-60-do-sermos-galiza/20130814220125018143.html


© 2019 Sermos Galiza