Imprimir

«Fálase de...», actualidade en foco

Redacción | 08 de novembro de 2019

O ciclo «Fálase de...» terá lugar no Pazo da Deputación de Pontevedra (wikipedia)
O ciclo «Fálase de...» terá lugar no Pazo da Deputación de Pontevedra (wikipedia)
A AS-PG organiza o ciclo de conversas «Fálase de...», que durante os meses de novembro e decembro reunirá protagonistas e expertas en diversos temas de actualidade.

A AS-PG organiza o ciclo de conversas «Fálase de...», que durante os meses de novembro e decembro reunirá protagonistas e expertas en diversos temas de actualidade. Todos os encontros terán lugar ás 20 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, que patrocina o evento.

Na cuarta feira 20 de novembro, a analista Marola Padín Novas e o xornalista de Sermos Galiza Fernando Arrizado Abuín intervirán en Tensión estratéxica China-EE.UU. Fálase de guerra comercial entre China e EEUU.Ciclo 'Fálase de' da AS-PG

Na sexta feira 22 novembro, o químico e divulgador científico Manuel Vicente e o doutorando Xavier Fonseca darán resposta á pregunta Por que o cambio climático é a maior ameaza da historia?

A semana seguinte, na sexta feira 29 de novembro o tema será Quen son sen desterro? Emigración, inmigración e exilio na Galiza actual, explicado por Belén Puñal Rama, profesora de comunicación social, e o escritor Moncho Iglesias Míguez.

Na cuarta feira 4 de decembro a tópica é Fálase de xornalismo. Que xornalismo precisa o momento actual? Cales deben ser os seus códigos de actuación? Levarán a conversa o xornalista Rafa Cabeleira e María Obelleiro, a directora de Nós Diario.

O ciclo pecharase a cuarta feira seguinte, 11 de decembro, coa intervención de Vero Boquete, futbolista embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, e Cristina López Villar, profesora na facultade de Ciencias do Deporte, dialogando desde a primeira persoa sobre Mulleres que abren camiños no deporte.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/falase-actualidade-foco/20191108165634086566.html


© 2019 Sermos Galiza