Imprimir

Festival Wos: un mapa para as músicas menos conformistas

Redacción | 09 de setembro de 2019

Detalle do cartel da sexta edición do WOS Festival de Compostela. Imaxe: WOS.
Detalle do cartel da sexta edición do WOS Festival de Compostela. Imaxe: WOS.
Nas músicas expostas no Festival WOS de Compostela a norma é rachar as normas. Polo menos as normas que usualmente delimitan os sons e as melodías máis difundidas. Pero o WOS ten outros obxectivos: “Un programa de propostas en torno ao risco, a exploración, a arte contemporánea e dixital, o contraste entre tradición e innovación, e o diálogo entre disciplinas”. A súa sexta edición comeza esta cuarta feira, 11 de setembro, e remata o domingo 15.

Medio dento de actividades conforman a oferta do encontro, entre elas concertos, dj's sets, conferencias, entrevistas en directo, proxeccións, performances. O WOS entende ademais toda a cidade como escenario: da Igrexa da Universidade á espectacular terraza da Fundación Granell, da sede da SGAE á Cidade da Cultura, de salas de concertos privadas aos teatros públicos. A organización -a promotora Work On Sudnay- sinala, de feito, que “o evento supón unha auténtica ruta arquitectónica e turística”.

harrgaEste percorrido por músicas avanzadas inclúe paradas na síntese entre analóxico e dixital (a estadounidense Kili Malone), en relecturas da tradición techno (o inglés Konx-Om-Pax), no electro “escuro e industrial” (a galega Gema Albo co nome de guerra Elektrógena), na improvisación con ángulos free (o noruegués Bendik Giske), no jazz máis aberto (os ingleses Vels Trio), no postminmalismo (o estadounidense Rafael Irisarri).

O amplo cartaz do WOS, os horarios e as localizacións pódense consultar no seu web (wosfestival.workonsunday.es). De todo ese catálogo velaquí unha breve escolma de cinco propostas:

Harrga. O álbum debut de Harrga titúlase Héroiques Animaux da Misère (2019) e retorce a música industrial para convertela en ruído de combate e descrición das traxedias inducidas polo capitalismo. Contra a Europa fortaleza e a inmoralidade do bloque dominante, o galego Miguel Prado e a francesa Dali de Saint Paul -quen recita e canta en darija, francés e ingles-, facturaron un disco en que colabora a poeta afroamericana Moor Mother. Harraga é a palabra árabe para designar os migrantes que queiman os seus papeis e buscan refuxio en Europa. (Quinta feira, 12 de setembro, ás 23.40 na SGAE).

Drew McDowall. McDowall pasou por algunhas das unidades máis radicais e singulares do campo musical aberto no esteiro do pos punk. En concreto, por Psychic TV e Coil. Ao WOS chega para reinterpretar en directo Time Machines (1998), a obra coa que estes últimos investigaron as posibilidades do drone e a música ambiental. Estará acompañado polo traballo visual de Florence To. (Sexta feira, 13 de setembro, ás 20.00 no Teatro Principal).Kode9 (Steve Goodman)Glasgow-born, London-based electronic music artist, DJ, and owner of the Hyperdub record labelLondonPhotograph by David Levene3/11/15

Holly Herndon. A electrónica experimental de Herndon visita as fronteiras do pop de vangarda. O seu último disco chámase Proto (2019) e “pon a proba os límites entre a creatividade humana e a intelixencia artificial”. Procesamentos vocais en directo e folk experimental fan parte dunha das propostas máis aclamadas das músicas non canónicas. (Sexta feira, 13 de setembro, ás 23.15 na Sala Capitol).

Kode9. Detrás de Kode9 agóchase Steve Goodman, un dos teóricos máis agudos das músicas electrónicas que, no inicio de século, mutaron a paisaxe sonora inglesa. Fundador da discográfica Hyperdub -selo que publicou Burial, Laurel Halo ou Dean Blunt-, a Compostela traerá o seu labor como picadiscos: “Impredicíbeis mesturas con graves pesados que beben musicalmente de campos moi afastados”. (Sábado, 14 de setembro, ás 3.30 na Sala Capitol).

Ciclo de cinema e música. A sala Numax acollerá a proxección de tres filmes que deitan fíos singulares entre o cinema e a música. Ryuichi Sakamoto: Coda (Stephen Nomura, 2017) traza un retrato do xaponés e a súa ecléctica obra de maneira oblicua, poética. 7 limbos (Berio Molina e Alexandre Cancelo, 2019) recolle “unha viaxe sonora polas veladuras do espectal” e documenta accións musicais, ruidistas, realizadas nas rúas. Zorn I (2010-2017) (Mathieu Almaric, 2017) grava en cru as mil reencarnacións do saxofonista John Zorn. Programa o ciclo o músico e cineasta Marcos Flórez. (Quinta feira 12 de setembro ás 20.00; sexta 13 ás 20.00; sábado 14 ás 16.15).   

O patrocinador principal do Festival WOS é Estrella Galicia. A maiores conta co apoio do Concello de Compostela, a Xunta, a Universidade de Santiago e a Fundación Granell.

 

Nota: arriba, Harrga; embaixo, Kode9. Fotos: WOS Festival.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/festival-wos-mapa-musicas-menos-conformistas/20190909135432083865.html


© 2019 Sermos Galiza