Imprimir

A folga feminista cancela o Luar

Redacción | 08 de Marzo de 2019

A sede da CRTVG en San Marcos, Compostela. Foto: cedida.
A sede da CRTVG en San Marcos, Compostela. Foto: cedida.

O seguimento da mobilización feminista deste 8M está a alterar a programación dos medios públicos de comunicación de Galiza.
 

Ao longo da maña da sexta feira, a Radio Galega emitiu de xeito continuado cortes en que informaba as persoas ouvintes de que “o seguimento da folga convocada polo Día da Muller impide a programación habitual”.

 

Na Televisión Galega, o programa Bos Días foi unicamente presentado por un home, cando habitualmente tamén o fai unha muller. Ademais, a canle pública cancelou a emisión de A Revista. Aliás, a folga obrigou a suspender o programa Luar. O programa presentado por Xosé Ramón Gaioso levaba emitíndose cada sexta feira desde 1991. No seu lugar, repuxeron un especial sobre Julio Iglesias.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/folga-feminista-altera-programacion-da-crtvg/20190308134432076880.html


© 2019 Sermos Galiza