Imprimir

Os frescos da igrexa dos Vilares pasan engrosar a lista vermella do patrimonio en perigo

Redacción | 08 de maio de 2019

‘Hispania Nostra’ inclúea no seu listado de bens en perigo a petición da asociación Lareira de Soños, que cualifica de “única” en Galiza esta obra pictórica de arte relixiosa.

Os frescos da igrexa dos Vilares, en Guitiriz, é polo de agora o último ben galego que pasa engrosar a Lista Vermella do patrimonio que elabora a asociación Hispania Nostra, colectivo que leva catro décadas defendendo a posta en valor do patrimonio no Estado español.

 

Esta inclusión responde á petición pola Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños.  “O comité científico, despois de avaliar a información enviada e comprobar o serio perigo de desaparición das pinturas polo seu deterioro, procedeu a incluílos na súa lista vermella, asumida como unha lista seria e de referencia no patrimonio en España”. Lareira subliña que “esta singular obra pictórica de arte relixiosa” é  “única en Galiza”, e critica o desleixo institucional para salvar os frescos.

 

Ducias de bens precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. En menos de cinco anos duplicáronse os bens incluídos en listaxes vermellas debido ao seu deterioro.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/frescos-da-igrexa-vilares-pasan-engrosar-lista-vermella-do-patrimonio/20190508135736079279.html


© 2019 Sermos Galiza