Imprimir

A Fundación Moncho Reboiras edita un opúsculo de Lenin sobre Marx

Redacción | 05 de febreiro de 2019

A presentación e o posterior coloquio terán lugar esta quinta feira ás 19:30 horas na libraría Couceiro.

A Agrupación Cultural O Galo organiza un coloquio xunto coa presentación do libro Vixencia do pensamento de Marx a quinta feira, 7 de febreiro, ás 19.30 horas, na libraría Couceiro.

 

A obra, traducida por Rafa Vilar e editada por FESGA, recolle Karl Marx, Estudo biográfico cunha exposición do marxismo, da autoría de V.I. Lenin, ademais dun estudo sobre o marxismo realizado por Claudio Katz, investigador do materialismo histórico.

 

No coloquio intervirán Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras e Luis Gonçalez Blasco-Foz, profesor de ensino medio e vogal da AC. O Galo. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/fundacion-moncho-reboiras-edita-pasquin-lenin-marx/20190205135101075762.html


© 2019 Sermos Galiza