Imprimir

Galiza finalizaría segunda no medalleiro do Mundial de piragüismo de competir como nación independente

H. Pena | 21 de outubro de 2019

[Imaxe: ICF] Manuel Campos celebra o ouro no C1
[Imaxe: ICF] Manuel Campos celebra o ouro no C1

Os padexeiros galegos na Copa do Mundo de Shaoxing, con Diego Romero e Tono Campos como grandes estrelas, conseguiron un total de seis medallas, tres de ouro, tan só por detrás dos 21 metais dos húngaros. 

 

A Copa do Mundo de piragüismo maratón, celebrado na localidade china de Shaoxing, finalizou cunha soberbia actuación da representación galega, que sumou un total de seis medallas. Esa cifra faría de Galiza a segunda no medalleiro do campionato, de participar como nación independente, quedando tan só por detrás dos 21 metais dos húngaros.

O grovense Tono Campos e o cuntiense Diego Romero foron as grandes sensacións do torneo, pois acadaron o ouro competindo conxuntamente no C2, ao que engadirían outros dous coa primeira praza de Romero no C1 curto e a de Campos no C1, ademais da prata que conseguiu este no C2 Junior.

Pola súa banda, Tania Fernández e Tania Álvarez fixéronse coa prata no K2 Senior, e Pablo Crespo e Diego Piñeiro co bronce no C2 Junior.

Asemade, tanto Manuel Garrido como Iván Alonso e Jaime Sobrado quedaron ás portas de sumar metal, xa que finalizaron na cuarta praza do C1 e o K2, respectivamente.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/galiza-finalizaria-segunda-medalleiro-do-mundial-piraguismo-competir-como-nacion-independente/20191021135420085599.html


© 2019 Sermos Galiza