Imprimir

Galiza é o territorio onde máis cae o investimento do Estado nos Orzamentos 2019: 19%

Redacción | 14 de xaneiro de 2019

Fica por baixo dos 760 millóns de euros, 180 millóns menos que no exercicio 2018. Unha baixada motivada pola caída de investimentos para as obras do AVE, próximas a finalizar.

O investimento do Estado en Galiza contemplado nos orzamentos de 2019 sitúase en 757 millóns de euros, unha cifra sensibelmente inferior á que se contemplaba nas contas xerais de 2018 (937 millóns). Hai un recorte nos investimentos de 180 millóns de euros, o que é un descenso de 19%, o máis grande de todos os territorios do Estado.

 

En 2018 recibía 9,2% dos orzamentos do Estado e na proposta que a ministra de facenda, María Jesús Montero entregou esta segunda feira no Congreso, recibe 6,2%; o que supón un descenso de tres puntos de investimentos menos. Esa baixada explícase en boa medida na redución do investimento para o AVE en Galiza, un proxecto próximo a rematar. 

 

Canda Galiza tamén cae o investimento do Estado en territorios como Euskadi, Cantabria ou Castela-León mentres aumenta en Andalucía, Catalunya ou Valencia.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/economia/galiza-territorio-onde-mais-cae-investimento-do-estado-nos-orzamentos-2019-19/20190114132523075223.html


© 2019 Sermos Galiza