Imprimir

Gestha cifra en 30 millóns as perdas na loita contra a fraude na Galiza por non poder garantir a “confidencialidade”

Redacción | 25 de setembro de 2019

Os Técnicos de Facenda opóñense á desaparición de despachos individuais que favorecen o “sixilo e discreción” nas actuacións tributarias e alfandegarias.

Gestha, colectivo de técnicos do Ministerio de Facenda, calcula en máis de 30 millóns de euros as perdas na loita contra a fraude na Galiza pola supresión dos despachos individuais na Axencia estatal da administración tributaria (AEAT) e a Intervención Xeral do Estado (IGAE). A nivel de Estado español, afirman, as entrevistas poden abeirar os 600 millóns.

A supresión deses despachos, consideran, vai dificultar poder garantir a confidencialidade e preservar o sixilo e discreción que son propias das actuacións tributarias, aduaneiras e da contabilidade e auditoría pública.

Considera Gestha que os espazos de traballo partillados, denominados ‘pradeiras’, afectan a produtividade o rendemento, para alén das eivas en canto ao sixilo e discreción.

Para alén disto, tamén se estaría a vulnerar, sempre segundo Gestha, a intimidade e protección de dados de 16 millóns de persoas contribuíntes en todo o Estado.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/economia/gestha-cifra-30-millons-perdas-loita-fraude-galiza-non-poder-garantir-confidencialidade/20190925122914084381.html


© 2019 Sermos Galiza