Imprimir

Haberá turistas que se poidan decantar por Galiza por termos lingua propia?

Redacción | 08 de xullo de 2019

[Imaxe: Galiza Contrainfo] Cartaz nunha manifestación en defensa do galego, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
[Imaxe: Galiza Contrainfo] Cartaz nunha manifestación en defensa do galego, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Lingua e turismo. Estes son os eixos fundamentais do XV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística “Traballando en Lingua”, onde se analizará se se emprega o galego como un valor e un recurso con interese para as persoas que visitan Galiza.

A Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística organizan o XV Curso de Verán “Traballando en Lingua”, que este ano se centra no turismo. Palestras e obradoiros prácticos servirán para analizar o porqué, o como, o onde e o cando deixamos de utilizar o galego ao entrar en contacto con persoas de fóra.

Cuestións como se haberá turistas que se poidan decantar por visitar Galiza polo feito de termos lingua propia centrarán o programa dun curso que tamén reparará no éxito de produtos que só utilizan a lingua propia para se dar a coñecer.

Destinado a persoas que traballen ou estean interesadas na dinamización lingüística, o curso, dirixido por Xosé Manuel Sánchez Rei e Marisol Ríos, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello de Carballo, terá lugar o 17 e 18 de xullo, de 9 horas a 20.30 horas, no Fórum de Carballo.

O prezo para o público xeral é de 50 euros, 30 euros na modalidade reducida. O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades, o material que se utilizar, os cafés conxuntos e o xantar dos dous días. A matrícula está aberta até o día 10.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/habera-turistas-poidan-decantar-galiza-termos-lingua-propia/20190708110308081654.html


© 2019 Sermos Galiza