Imprimir

O histórico director de Cineuropa, excluído da licitación por defecto de forma

Redacción | 02 de xullo de 2019

Detalle do cartaz da edición de Cinuropa do pasado ano.
Detalle do cartaz da edición de Cinuropa do pasado ano.

José Luis Losa non dirixirá a edición número 33 do festival Cineuropa de Santiago de Compostela. A súa proposta quedou excluída do concurso por un defecto de forma. Unha empresa madrileña fíxose coa licitación e, por primeira vez na historia do certame, pode mudar a súa dirección.

Había dez anos que a proposta de Losa non tiña competidores non concurso público do Concello de Santiago. Mais desta volta, segundo a información adiantada por medios locais esta segunda feira, si o fixo La Tropa Produce, compañía madrileña que organiza os premios Feroz, o Festival de Alcántara ou o Cine de Verán Conde Duque.

O proceso de licitación do festival aínda está aberto.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/historico-director-cineuropa-excluido-da-licitacion-defecto-forma/20190702110155081451.html


© 2019 Sermos Galiza