Imprimir

Ikea A Coruña anuncia en castelán o Día das Letras Galegas

Redacción | 13 de Maio de 2019

Anuncio para redes de Ikea.
Anuncio para redes de Ikea.

O centro coruñés de Ikea, a compañía multinacional de orixe sueca especializada en mobles de baixo custo, anuncia en castelán o Día das Letras Galegas. “Las letras mejor gallegas y las ofertas mejor riquiñas. Celebra las dos en Ikea A Coruña”, di un contido publicitario da marca para as redes sociais.
 

O anuncio, acompañado dunha ilustración en que un corazón é atravesado por unha banda azul ao xeito da bandeira galega, indica ademais que o centro comercial abrirá o 18 de maio, o día seguinte ao das Letras (festivo).

 

O post de Ikea desatou críticas e rexoubas nas redes sociais. Non é a primeira vez que activistas, cidadáns e mesmo institucións afean á empresa sueca a súa actitude cara ao galego.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/ikea-coruna-anuncia-castelan-dia-das-letras-galegas/20190513170154079534.html


© 2019 Sermos Galiza