Imprimir

Intelectuais galegos protestan contra “a manipulación" das noticias referidas a Venezuela

Redacción | 08 de xaneiro de 2019

A Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) remitía unha carta aberta aos medios de comunicación sobre o que consideran un inxusto tratamento da información referida a Venezuela ao tempo que instan a un "un tratamento máis serio, xusto e profesional, das noticias que se refiren" a ese país.

Nesta carta, asinada por 52 intelectuais galegos, criticábase que os medios de prensa, radio e televisión “fagan eco de campañas mediáticas internacionais que teñen máis que ver con intereses xeopolíticos ao servizo de grandes centros de poder, que con unha boa práctica xornalística”.

 

Sinalaban que boa parte dos medios da Galiza “insiste en falar de ‘ditadura venezolana’ ou do ‘réxime de Maduro’ cun ton descalificativo para un país irmán, para o seu goberno elixido democraticamente e para un pobo que exerce con soberanía a súa vontade”.

 

Alén, destacaban as nove eleccións xerais, de distinto carácter, realizadas no país entre 2013 e 2018 ao tempo que esixen aos medios “un tratamento máis serio, xusto e profesional, das noticias que se refiren a Venezuela”. Afirman que estas esixencias veñen a partir “do coñecemento directo que temos da actualidade venezolana” e que “este tratamento non enaltece o xornalismo, non nos fai máis cultos nin máis libres e tampouco fai honra da nosa tradición de respecto aos pobos do mundo”.

 

A lista de asinantes é:

Xosé Luis Méndez Ferrín

Cathryn Teasley

Dario Xohan Cabana

Xosé María Álvarez Cáccamo

Vitor Vaqueiro Foxo

Francisco Pillado Mayor

Antonio Ojea Pérez

Braulio Amaro Caamaño

Miguel Anxo Fernán Vello

Xesús Alonso Montero

Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”

Xacinto Barreiro Rodríguez

Xosé Manuel Beiras Torrado

Margarita Ledo Andión

Alfonso Álvarez Cáccamo

María Pilar García Negro

Mónica Camaño Fandiño

César Portela Fernández-Jardón

Xosé Manuel García Crego

Anxo Angueira Viturro

Celso Álvarez Cáccamo

Celso X. López Pazos

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Francisco Sampedro Ojeda

Ánxela Beiras

Ricardo Castro Buerguer

José Carlos Costoya

Mundo Cal

Antonio Rodríguez Cabanas

Nemesio Barxa Álvarez

Cipriano L. Jiménez Casas

Guillermo Crego

Olaia Fernández Davila

Manuel G. Garrido

Manuel de Castro

Francisco R. Veloso

Anselmo López Carreira

Francisco Lores Santacecilia

Carlos Núñez Rodríguez

Rosalía Pazo Maside

Alfonso Martínez “Chicho”

Félix Cal

Julián Hernández

Xosé Álvarez

Fernando M. Randulfe

Manuel Camaño Fandiño

Rafael Pillado Liste

Ramón Fernández Leal

Luis Borines

Sylvie Mascuñan

Erea del Río

Gustavo Luca

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/intelectuais-galegos-protestan-manipulacion-das-noticias-referidas-republica-bolivariana-venezuela/20190108113850075090.html


© 2019 Sermos Galiza