Imprimir

As intoxicacións nas escolas infantís da Xunta afectaron entre 15 e 20 centros

Redacción / Europa Press | 06 de novembro de 2019

comedor_escolar
comedor_escolar

A Xunta investiga as posíbeis causas. Todos estes centros contan cun servizo de cociña xestionado pola mesma empresa.

Os novos casos de intoxicacións afectaron entre 15 e 20 escolas infantís da rede 'A Galiña Azul'. O Goberno galego mantén aberta unha investigación para investigar se esta problemática garda algunha relación coas reaccións alérxicas rexistradas o pasado mes de outubro que padeceron varias decenas de menores nas zonas de Cangas e A Coruña.

Todos estes centros contan cun servizo de cociña xestionado pola mesma empresa. As primeiras reaccións alérxicas detectadas en outubro déronse por menús de peixe que consistían en palometa. Os técnicos estudaron mostras de peixe tanto en cru, conxelado como cociñado e constataran a presenza dunha sustancia, 'histamina', por riba dos valores normais.

Días despois empezaron a denunciarse máis casos. Nun principio, a investigación sospeitaba que se tratou dun problema de ruptura da cadea de frío durante o transporte.

Este martes detectáronse novos casos de alerxias cos mesmos síntomas e reaccións que os denunciados no mes de outubro (manchas vermellas que desaparecían co tempo, malestar). A diferenza principal radica en que nesta ocasión non se tratou dunha partida de peixe concreta, senón que se serviu crema de brécol e cabaza e raxo de polo con macarróns.

A coincidencia entre todos os casos de alerxias apunta a que a mesma empresa está ao cargo do servizo de cociña en todas as gardarías afectadas, incluídas nas que se serviu a palometa no mes de outubro.

Fontes de Política Social trasladaron que persoal técnico de Sanidade tomaron novas mostras destes menús, e que están a investigar a orixe concreta das reaccións alérxicas e se ten relación cos episodios anteriores detectados, polo que acudiron de novo á sede da empresa concesionaria.

O Goberno galego chamou, ademais, á tranquilidade das familias, posto que os casos foron moi leves, aínda que insistiu en que se trata dunha situación "intolerable" e que se tomarán as medidas "que sexan necesarias" unha vez se aclaren as circunstancias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/intoxicacions-afectaron-15-20-gardarias/20191106143033086368.html


© 2019 Sermos Galiza