Imprimir

Unha 'Marcha às Cadeias' marcada pola fin da dispersión dos presos independentistas

Redacción | 08 de maio de 2019

Será o 1 de xuño e ten como destino o cárcere de Teixeiro. Desde a anterior Marcha, dous presos independentistas ficaron en liberdade (Maria Osorio e Diego Santim) e o resto foron trasladados a prisións en territorio galego. 

Vai ser unha Marcha às Cadeias novidosa a que se celebra o 1 de xuño: por primeira vez en todos estes anos – leva realizándose desde hai máis dunha década- non se percorrerán centos de quilómetros até prisións españolas para levar a solidariedade para con presos e presas independentistas galegas. “ Depois de anos de dispersom, de trabalho, de quilómetros…, recebemos com grande alegría a realidade de que os presos independentistas atopam-se já em cadeias dentro do território galego”, indican desde a plataforma Que Voltem, organizadora da marcha.

 

Acadouse, pois, un dos obxectivos do movemento galego de solidariedade para con este colectivo de presos. Mais, lembran, fica traballo por facer: a rebaixa de grao penitenciario, a fin do réxime FIES, a revisión da condena ou a denuncia de irregularidades e abusos nos cárceres.

 

O destino da XIII edición desta marcha, que se realiza baixo o lema Tempo de retornar, vai ser a prisión de Teixeiro, onde foron trasladados recentemente Roberto Fialhega ‘Teto’ e Eduardo Vigo ‘Edu’ após máis de oito anos de dispersión en diferentes prisións españolas. Raúl Agulheiro permanece preso en Villabona.

 

Que Voltem! freta autobuses con saída en dúas columnas: norte e sur. Prégan ás persoas interesadas confirmar asistencia antes do 25 de maio. Columna sur: Ourense-Vigo-Pontevedra-Compostela-Teixeiro.  Columna norte: Ferrol- Pontedeume-A Coruña-Teixeiro.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/marcha-cadeias-marcada-pola-fin-da-dispersion-presos-independentistas/20190508130510079271.html


© 2019 Sermos Galiza