Imprimir

Marea Atlántica baixará o pistón para o 28-A de non haber “unidade”

Redacción | 12 de Marzo de 2019

Xulio Ferreiro volve chamar En Marea para que se “sume” á coalición na que traballan Podemos, Esquerda Unida e Anova e que podería denominarse ‘Galicia en Común’.

De non haber unha “unidade” para o 28-A de “todo” o espazo político que se veu reflectindo no espazo das marés  Marea Atlántica baixará o pistón na súa implicación para eses comicios. Non haberá logo unha participación “activa”.

 

"Se non se consegue [a unidade], Marea Atlántica dará liberdade aos militantes para que adopten a posición que estimen máis procedente. E, nese caso, Marea Atlántica absteríase de participar activamente na campaña", expuxo o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

 

Ferreiro realizou un novo chamamento a En Marea para que "se some" á coalición na que avanzan Anova, Esquerda Unida e Podemos para os comicios e que podería denominarse ‘Galicia en Común’.

 

En declaracións aos medios de comunicación nun acto na Coruña, insistiu en que, na súa opinión, "o máis positivo para todos" sería lograr "unha candidatura completa" de "todo" o espazo político.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/marea-atlantica-baixara-piston-28-non-haber-unidade/20190312155609076997.html


© 2019 Sermos Galiza