Imprimir

En Marea reivindica a soberanía alimentaria

Redacción | 11 de maio de 2019

Luis Villares e Lidia Senra defenden en Pontevedra o comercio xusto e os produtos de proximidade.

O portavoz de En Marea, Luis Villares, e a cabeza de lista e integrante da candidatura En Marea-Compromiso por Europa, Lidia Senra e Xoán Hermida, visitaron este sábado a feira orgánica de Catro Ponlas, en Pontevedra. Alí defenderon o impulso dos produtores locais e do agro galego como unha das liñas prioritarias que en Marea defende en Europa.
 

Senra defendeu un tipo de produción, a de proximidade, e no marco da soberanía alimentaria que "no plano internacional permite que os produtores doutros países poidan producir a súa propia alimentación". Un factor que redunda, afirma, na idea central de "xustiza social" que a formación pretende impulsar dende as institucións europeas, así como nos concellos galegos.

 

A candidata subliñou a importancia e o valor un xeito de producir que leva aparellado o pagamento dun prezo xusto. "En definitiva, este é o modelo que temos que apoiar, e é preciso reivindicalo como base para que os labregos e labregas poidan vivir dignamente do seu traballo. Así como para potenciar o desenvolvemento local e crear riqueza local", afirma. 

 

Na mesma liña se expresou Villares. Na posterior presentación da candidatura local de Asamblea Cidadá de Bueu, o portavoz snalou que "a aposta de En Marea é por unhas condicións laborais xustas aquí, no local, pero tamén no internacional".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/marea-reivindica-soberania-alimentaria/20190511123638079456.html


© 2019 Sermos Galiza