Imprimir

Mecos-Coruxo, campioas de España de traiñeiras

Redacción | 04 de agosto de 2019

A 'Sotera' de Santurtzi, vencedora na final masculina. O campionato disputouse en augas de Meira e estivo marcado pola ausencia dos campións territoriais (Cabo, Hondarribia, Astillero e Castropol).

A traiñeira mixta de Mecos-Coruxo proclamouse este domingo en augas de Meira, Moaña, campioa de España en categoría feminina. Un triunfo logrado ao se impoñer ás outras dúas embarcacións participantes, Tirán e Ribeira. As rapazas de Mecos e Coruxo eran sinaladas desde o principio como as grandes favoritas a erguer a bandeira deste campionato, o que as vogadoras refrendaron sobre as augas.

Santurtzi é a traiñeira gañadora do Campionato de España en categoría masculina, un título que conquistou cinco veces nos 72 anos de historia desta competición. Marcou un tempo de 19:36:86, impoñéndose así ás outras tres clasificadas para a fase final e na que había unha única representante galega, Ares. A medalla de prata foi para Ziérbana e a de bronce para Donostiarra.

A última vez que unha traiñeira galega gañou en categoría masculina foi en 1997, con Tirán. 

Os campións territorias renunciaron a participar no Campionato, o que privou a proba de contar con algunhas das mellores traiñeiras do momento, como Hondarribia ou Cabo de Cruz.
 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/mecos-coruxo-campioas-espana-traineiras/20190804141532082785.html


© 2019 Sermos Galiza